Vox non logra escanos e o PSOE moi preto PP, segundo unha enquisa para as xerais en Galicia
O que retrocede En Marea, queda con el o PSOE. O que cae o PPdeG, vai parar a Ciudadanosns. Eeste pode ser o resumo da previsión de resultados para as eleccións do 28A en Galicia, segundo unha enquisa de Sondaxe.
O que retrocede En Marea, queda con el o PSOE. O que cae o PPdeG, vai parar a Ciudadanosns. Eeste pode ser o resumo da previsión de resultados para as eleccións do #28A en Galicia, segundo unha enquisa de Sondaxe.
Resultados en Galicia para as eleccións xerais segundo a enquisa de @isondaxe para @lavozdegalicia https://t.co/lWNVitJxjn pic.twitter.com/PBwQ0RWtSv
— Instituto Sondaxe (@isondaxe) 24 de marzo de 2019
Así, a empresa, filial do Grupo Voz, estima que os socialistas conseguirían 8 dos 23 deputados a repartir no país. É un máis que na anterior sondaxe de febreiro e dous máis que nas eleccións de 2016.
A vítima deste ascenso socialista é En Marea. Dos cinco escanos das pasadas eleccións quedarían en tres. O retroceso da confluencia podería ser aínda maior, pois a enquisa é anterior á confirmación da ruptura da coalición. Na próxima enquisa e nas urnas os seus votantes estarán divididos entre o partido En Marea de Luís Villares e a coalición Unidas Podemos de Podemos e Esquerda Unida. Outra oportunidade para que o PSOE saque tallada.
No flanco da dereita, sorprende que non hai rastro de Vox por estas terras. Mentres a nivel estatal a enquisa coloca aos de Abascal en terceira posición, en Galicia non lograrían ningún escano. Dous deputados si que lograría Cidadáns, que son precisamente os dous que perdería o PPdeG.
A enquisa de @isondaxe para A Voz aviva o debate do voto útil #EleccionesGenerales #28Abril https://t.co/cJciGL9PW6
— La Voz de Galicia (@lavozdegalicia) 25 de marzo de 2019
En definitiva, os bloques dereita-esquerdas seguen inalterables, pero con significativos transvasamentos entre partidos. O BNG non está preto de lograr representación en ningún provincia, segundo a enquisa.
Escribe o teu comentario