Sánchez podería gobernar con Podemos, segundo o CIS
O CIS preguntou por En Marea, e dálle un 0,1% de voto estimado, sen ningún representante.
O PSOE gañaría as próximas eleccións xerais do 28 de abril con entre de 123-138 escanos dos 350 deputados do Congreso. Seguiríalle o PP (66-76), Cidadáns (42-51), Unidas Podemos (33-41) e Vox (29-37).

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) deu a coñecer este martes o seu ampla enquisa sobre as eleccións xerais, para a que realizou unhas 16.800 entrevistas persoais e que, ademais dos datos brutos de intención de voto, ofrece un prognóstico de repartición de escanos do Congreso.
RESULTADOS EN GALICIA
Para Galicia, prevé que o PSdeG podería empatar ou mesmo superar ao PPdeG. En Común Unidas Podemos, Cidadáns e Vox tamén lograrían representación.
O CIS preguntou por En Marea, e dálle un 0,1% de voto estimado, sen ningún representante. Agora ben, non preguntou por En Común Unidas Podemos, a marca de Podemos Galicia e Esquerda Unida que se descolgou do grupo de Luís Villares tras a ruptura da confuencia. Tampouco pregunta polo BNG.
RESULTADOS ESTATAIS
Segundo a enquisa, a candidatura de Pedro Sánchez podería alcanzar a maioría absoluta con Unidas Podemos, que saca un 12,3% e entre 28 e 34 escanos, e a súa confluencia catalá, En Comú, á que se outorga un 0,6% e entre 5 e 7 escanos.
O estudo outorga a Cidadáns un 13,6% e entre 42 e 51 escanos, e detrás aparece Vox cun 11,9% e entre 29 e 37 escanos.

Sobe tamén con forza Esquerra Republicana, á que o CIS calcula un 4,5% e 17 ó 18 escanos, mentres baixa Junts, a nova marca do PDeCAT, á que só se dá un 1,2% e catro ou cinco escanos.

Escribe o teu comentario