En Marea, os erros páganse, pero uns mais que outros

Manoel Barbeitos
Economista

O dobre fracaso de EN MAREA e EN COMUN UNIDAS PODEMOS nas pasadas eleccións xerais pon en evidencia que, como sinalaba nun artigo anterior neste medio), Galicia nin é o Pais Vasco nin é Cataluña. Digo dobre fracaso por que si EN MAREA tiña 5 deputados/as na lexislatura anterior agora EN COMUN UNIDAS PODEMOS –a única das partes que conseguiu representación- ten so 2 deputados/as.


Dicía que, politicamente, Galicia non é o Pais Vasco nin Cataluña en base tanto a que o sentimento “nacional” neste comunidade é moito menor que nas outras dúas comunidades históricas como a que, como contrapartida, o sentimento español –a influencia española- e moi superior que naquelas. A realidade deste forte sentimento español ponse, por caso, en evidencia no longuísimo dominio dunha dereita tan española como o Partido Popular que comparte protagonista autonómico con outro partido tamén de marcado carácter español como é o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE). A debilidade do sentimento nacional é, asemade, outra evidencia fácil de comprobar repasando tódalas contendas electorais estatais que mostran como, exceptuando a derradeira lexislatura (en que EN MAREA contou con 5 deputados) o número de deputados galeguistas (BNG) nunca superou a cifra de 3. Xamais Galicia tivo no Parlamento español unha representación equivalente a que tiveron o Pais Vasco e Cataluña. Velaí un dos grandes erros de EN MAREA. Non ter debidamente en conta esta evidencia e tratar de trasladar a Galicia un modelo que si vale para o Pais Vasco e/ou Cataluña, incluso para o pais Valencia (pero menos: velaí o resultado de COMPROMISS) non vale para Galicia. Velaí tamén unha das explicacións de por que EN COMUN UNIDAS PODEMOS sacou 2 deputados e EN MAREA ningún. Aqueles tiñan un referente estatal (UNIDAS PODEMOS, Pablo Iglesias) e EN MAREA non o tiña. Unha carencia que se trasladou a algo tan decisivo como a presenza nos medios públicos e privados onde EN COMUN UNIDAS PODEMOS estiven repetidamente presente por medio de UNIDOS PODEMOS (Pablo Iglesias), EN MAREA estivo ausente. Unha ausencia maior cando os principais medios de comunicación galegos, como por caso LA VOZ DE GALICIA, xogaron claramente en contra de EN MAREA.


Asemade EN MAREA non atinou a medir politicamente o medo de moitos/as galegos/as, como moitos/as españois, ao avance da extrema dereita. Un medo que levou a que o voto progresista se concentrara no PSOE en primeiro lugar, e en UNIDAS PODEMOS como segunda opción. EN MAREA non foi quen, o tiña moi, moi difícil, de aparecer diante do electorado galego como un firme dique fronte ao avance das dereitas todas (tanto VOX como PP e Cs). O mesmo lle pasou ao BNG a pesar do relevante incremento no número de votos.


Finalmente EN MAREA pagou en exclusiva, na miña opinión inxustamente, co custo que a imaxe dunha clara e dura división reflectiron as súas continuas disputas internas. Como tamén lle pasou a UNIDAS PODEMOS en todo o territorio español o electorado castiga duramente, curiosamente mais as esquerdas que as dereitas, as loitas internas, a división. Por se non fora suficiente algúns medios galegos puxeron especial empeño en que a división interna de EN MAREA aparecera mais como consecuencia da intransixencia tanto de Luís Villares como do seu grupo que resultado dos intereses particulares, como así era, dos partidos integrados en EN MAREA (UNIDOS PODEMOS, A NOVA) que nunca aceptaron a realidade de EN MAREA como un espazo de encontro entre axentes políticos diversos e trataron de impoñer o criterio de reparto de poder (especialmente de cargos) entre os partidos políticos.


EN MAREA esta agora nun momento moi difícil, pero como moi ben me dixo un amigo moi querido: “En Galicia as mareas baixan …. pero logo soben”. Polo ben de Galicia espero que en política tamén suceda o mesmo.



Plenarioenmareavotacin 1

1 Comentarios

1

No meu ponte de vista, o sentimento galego como nación non é para nada menor, so que habilmente o pp de Fraga fixo unha labor fagocitadora de ese sentimento, desarticuandoo. Aquí o papel do PNV ou CiU o veu desenvolvendo claramente o PPdeG. Se hoibese cristalizado unha dereita nacionalista dende o pp da boina, outro galo cantaría, mais como digo habilmente foi desactivado. Que o pp arrase sempre aquí ten que ver co sentimento nacionalista galego de dereitas.

escrito por Sined 30/Abr/19    23:03 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE