Un caso paradigmático é o do maxistrado da Audiencia Nacional, o señor García Castelló -17 anos en postos nomeados polo Partido Popular, que investiga a operación Kitchen pero na que se nega a imputar a Dores de Cospedal en contra do criterio da Fiscalía Anticorrupción- quen segue no seu particular cruzada contra Unidas Podemos, e moi especialmente contra un dos seus fundadores, o señor Juan Carlos Monedero, a pesar dos reveses xudiciais sufridos e do criterio en contra da Fiscalía que acusa a ese maxistrado de "cruzar todas as liñas". Unha falta de acordo sobre a obrigada renovación do CXPX que, por outra banda, supón para o señor Núñez Feijóo, a quen tamén lle tremeron as pernas como ao seu partido, un chanzo máis no que parece unha imparable deterioración da imaxe de bo xestor e político demócrata e liberal que lle fabricaron uns medios de información e opinión que, por ese servizo, foran espléndidamente retribuidos.
O Barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de outubro outorga unha estimación do voto do 0,6% ao BNG ante unhas eleccións xerais. A formación nacionalista sobe neste apartado unha décima en relación ao 0,5% que lle daba o Barómetro de setembro, aínda que o habitual é que se sitúe nesa pinza do 0,5% ou 0,6%.
Cando continua o goteo de casos de corrupción por actividades pasadas (Gurtel), ao tempo que aparecen outros máis (un novo pelotazo madrileño polo reparto de comisións millonarias na venta de máscaras), tamén con destacados responsables do Partido Popular implicados (señora Ayuso e señor Almeida), a reacción do señor Feijóo é a mesma ca que tivo o señor Rajoy fronte a corrupción ("ese señor do que vostede me fala"). A mesma reacción tívoa fronte as fundadas sospeitas dun trato de favor na adxudicación de decenas de contratos por parte da Xunta de Galicia a unha sociedade onde traballa unha familiar moi próxima. A actitude de mirar para o outro lado: nada novo na equipaxe. Finalmente, quería subliñar que non deixa de producir certa sorpresa que, nos seus primeiros movementos en materia de política internacional, o candidato adopte unha posición política semellante á do señor Casado que consistiu en criticar sistematicamente ao Goberno nas instancias e foros internacionais. Unha posición que, como é ben sabido, resta credibilidade tanto en Europa como cuestiona a talla de estadista de quen a mantén. Velaí algunhas das razóns que nos levan a subliñar por que na súa nova etapa política, agora como líder da dereita española, o señor Feijóo está a aparecer como un político lixeiro de equipaxe.
Estaba cantado que o PP de Alfonso Fernandez Mañueco ía pactar con Vox se quería seguir sendo presidente de Castela e León.
A decisión final tomaraa, en teoría, o comité do luns, pero o presidente acábase de mostrar contrario a máis limitacións.
Fai máis dun mes que o líder de DO anunciou que a súa forza política presentaríase ás próximas xerais e autonómicas, competindo cun Partido Popular que vería ameazados un bo número de votos.
Trece persoas falaron no encontro da Fundación Círculo de Montevideo o pasado mércores, pero só una delas era muller. A escasa presenza feminina motivou que a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, declinase asistir á cita e denunciou máis visibilidade para “o 50% da poboación”
O aumento dos contagios e dos casos activos preocupa moito ao Goberno de Galicia, que xa advirte que se atopa vixiante sobre todo pola situación da UCI en Ourense. As festas de magosto son, entre outras celebracións, os motivos que atopa a Xunta a esta explosión de positivos na provincia auriense.
O líder autonómico mostrou a súa decepción por uns Orzamentos Xerais do Estado con “carencias preocupantes”, aínda que se mostrou optimista en canto ao Corredor Atlántico.
Galiciapress preguntou ao presidente Alberto Núñez Feijóo por estas palabras de Casado e polas medidas alternativas que propón o seu partido para mellorar o acceso á vivenda. Aínda que evitou en todo momento aludir ao número uno do partido, Feijóo lembrou que en Galicia -como noutras rexións- xa existe desde hai moitos anos unha axuda como a exposta polo Goberno de Pedro Sánchez e á que se opón frontalmente o PP.
A nivel de medidas concretas, o máis relevante é a promesa de garderías gratuítas para o primeiro fillo, a promesa dunha gran fábrica de fibras téxtiles para a provincia de Lugo e a confirmación do fin de estado de emerxencia sanitaria.
A información que facilitaba a Xunta aos medios e á poboación con relación á situación epidemiolóxica na comunidade escolar ha cambiado este curso: de informar a diario as cifras centro a centro pasou a dar datos unha vez á semana -os mércores- e só co global de casos por área sanitaria.
Parecería, por caso, que o único sector afectado sexa o da hostalería e o turismo (10,5% do PIB e 11% do emprego) como podemos comprobar cando acode a súa cita diría na TVG e vemos que o seu rutineiro discurso vira case que exclusivamente ao redor das medidas adoptadas (protocolos) ben a favor da presenza de xente nas terrazas e no interior de cafeterías e bares ,ben sobre os horarios para os locais de lecer.
Indiquémoslle ao Sr. Feijóo as causas da falta de profesionais (que el xa as sabe dabondo, pero non actúa en consecuencia): profesionais pouco incentivados para realizar un traballo vocacional, unha administración que non ten órganos de decisión para realizar as carteiras de servizos e que non aprecian a Sanidade Real, por non estar próximos aos problemas da xente.
“Así como cen coellos non fan un cabalo, cen presuncións non constitúen unha proba.” Crime e castigo de Fiódor Mijáilovich Dostoyevski: Moscova 1821, San Petersburgo 1881: escritor, contista e ensaista da época zarista Cando o Sr. Feijóo, co apoio do seu grupo e en contra de todos, reformou a Lei Galega de Saúde (LGdeS) do 8/2008 coa Lei 1/2018, moitos e moitas xa pensabamos que o facía para seguir co desmantelamento do Sistema Sanitario na Galicia e, entre outras cousas, retirar catro áreas sanitarias: O Barco, O Salnés, Monforte e A Mariña, así como impedir a participación cidadá coa NON posta en marcha do Consello de Saúde de Galicia e os Consellos de Saúde de Área.