​Non acudir a un acto pola escasa presenza feminina “dá a razón aos que non poñen mulleres”, responde Feijóo a Inés Rey

Trece persoas falaron no encontro da Fundación Círculo de Montevideo o pasado mércores, pero só una delas era muller. A escasa presenza feminina motivou que a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, declinase asistir á cita e denunciou máis visibilidade para “o 50% da poboación”


|

Trece persoas falaron no encontro da Fundación Círculo de Montevideo o pasado mércores, pero só una delas era muller. A escasa presenza feminina motivou que a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, declinase asistir á cita e denunciou máis visibilidade para “o 50% da poboación”


Galiciapress preguntou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pola renuncia da rexedora para asistir ao evento e dixo sentirse “sorprendido” pola postura adoptada pola socialista.


“Se non veñen mulleres ao acto haberá aínda menos mulleres e dándolle razón aos que non poñen mulleres”, argumenta.


O empresario mexicano Carlos Slim na reunión da Fundación Círculo de Montevideo en Santiago de Compostela


Encontro do Círculo de Montevideo onde os dez relatores da imaxe son homes | Foto: EP


O mércores celebrouse a XXVI reunión plenaria da Fundación Círculo de Montevideo, un evento centrado nos efectos do coronavirus na sociedade e no que estiveron presentes destacadas figuras da política nacional e internacional como Alberto Núñez Feijóo, que actuou como anfitrión do encontro celebrado en Santiago de Compostela, Felipe González, ex presidente do Goberno de España, Julio María Sanguinetti, expresidente de Uruguai, ou o empresario mexicano Carlos Slim, unha das maiores fortunas do planeta.


Todos os relatores eran homes, salvo a política costarriqueña Rebeca Gryspan. A escasa presenza de voces femininas para falar da Covid-19 motivou que Inés Rey, alcaldesa da Coruña, declinase asistir a un acto no que, segundo dixo, non ten en conta “a visión do 50% da poboación”.


“Sen mulleres non hai futuro”, declarou a rexedora, á vez que fixo fincapé en que o cambio “empeza por escoitar e visibilizar ás mulleres”. A pesar de que trasladou o seu agradecemento pola invitación, a postura da alcaldesa socialista foi firme ante un tema tan sensible como o da igualdade cunha presenza “testemuñal” das mulleres.


"Reflexionar, a finais de 2021, sobre as transformacións que comportou a pandemia da Covid-19 obviando a achega e visión do 50% da poboación é, desde o meu punto de vista, inasumible", considerou.


“EU NON POÑO Os RELATORES”

Cuestionado sobre este incidente, o presidente da Xunta de Galicia mostrouse sorprendido por esta decisión, lembrando en primeiro lugar que “o Círculo de Montevideo non depende da Xunta” e que el se limitou a “convidar os alcaldes de Galicia”.


Sorpréndeme moito que me contesten a min sobre un tema no que nada teño que ver. Eu non poño os relatores do Circulo de Montevideo, nin os escollo nin teño posibilidade de dicirlle á entidade que poña máis ou menos mulleres, porque o Círculo leva anos funcionando”, indicou o mandatario autonómico.


“Evidentemente”, agregou, “se non veñen mulleres ao acto haberá aínda menos mulleres e dándolle razón aos que non poñen mulleres”. “Se convidamos a mulleres e non queren vir, entón haberá menos mulleres sempre”, razoou.


Con todo, Feijóo puntualizou que trasladou á entidade a carta da rexedora da cidade herculina, unha misiva que “causoubastantesorpresa” no Círculo de Montevideo.    

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE