Red Madre: antiabortistas subvencionadas pola Xunta de Galicia desde 2009 até hoxe

O colectivo cobrou un setenta e cinco mil euros o último ano en dúas convocatorias de diferentes departamentos segundo figura no Diario Oficial de Galicia. As axudas públicas a este grupo de activistas contrarios á liberdade das mulleres para exercer o dereito a interromper o embarazo son unha constante desde que Feijóo devolveu aos conservadores ao poder na administración autonómica galega. Este apoio, escenificado en diferentes reunións cos antiabortistas, choca coas últimas declaracións do político galego que se mostrou a favor de case todo o marco legal actual do aborto en España.


|

20170518VisitaRedMadre
Arquivo - O delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo recibe a dous integrantes de Red Madre en 2017 / Foto: Xunta de Galicia

O Partido Popular en Galicia alcanza por primeira vez a maioría absoluta en 2009. A primeira lei que aproba o seu goberno vén dunha Iniciativa Lexislativa Popular, da man do Foro da Familia e da asociación antiabortista Red Madre, co obxectivo de repaldar social e economicamente ás mulleres embarazadas. Desde entón, a vinculación de Red Madre co Goberno galego foi constante até a actualidade.

 

Red Madre é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo, segundo afirman na súa páxina web, é servir de "apoio, asesoramento e acompañamento á muller para superar calquera conflito xurdido ante un embarazo imprevisto". Trátase dunha organización, no entanto, cun claro perfil antiabortista, pois así o fan saber nas informacións que ofrecen sobre o embarazo e os consellos fronte ao aborto e mesmo nalgunhas notas de prensa pasadas e que se poden consultar dentro da súa web, nas que aseguran textualmente que "o aborto é unha situación pola que ningunha muller debería pasar".

 

Até o momento, a Xunta de Galicia axudou ao mantemento económico desta entidade, a través de programas de subvencións dirixidas a programas para mulleres en situación de vulnerabilidade, e amparados tamén na lei que se aprobou en 2009 e que aínda segue vixente.

 

Segundo o Diario Oficial de Galicia do 22 de abril de 2022, Red Madre obtivo en 2022 máis de 75.000 euros procedente da Xunta de Galicia en concepto deste tipo de subvencións.

 

INFORME DE RED MADRE

Na memoria publicada por Red Madre no ano 2020, esta mostra tamén os seus recursos financeiros e a orixe dos seus fondos, desglosándolos da seguinte maneira: un 10% procedente das cotas de socios; un 26%, das doazóns, tanto económicas como materiais; un 8%, da recadación, eventos e promocións, e un 56%, máis da metade, de financión pública, a través de subvencións.

 

Os seus principais financiadores, segundo recolle a memoria son, en primeiro lugar, a Xunta de Galicia, a través da Secretaria Xeral de Igualdade e en cofinanciación co Fondo Social Europeo e a Dirección Xeral de Inclusión Social. Doutra banda cita a entidades como o Banco de Alimentos Rías Altas; o Hospital Materno Intantil Teresa Herrera, na Coruña, ou a emprsa Gadisa.

 

Estes fondos, informan, foron usados, ademais das actividades benéficas e sociais que inclúen na súa memoria, para a atención, en 2020, dun total de 269 mulleres só na provincia da Coruña, a moyoría con dificultades para levar adianta a maternidade por cargas familiares non compatibles, por pertencer a unha minoría étnica, por un déficit grave de ingresos ou por violencia de xénero.

 

ORGANIZACIÓN ANTIABORTISTA

A pesar de que a entidade non utiliza o termo 'antiabortistas', na súa páxina web deixan claro cal é a súa posición ante o aborto. "Aconsellámosche que che informes ben antes de tomar unha decisión tan drástica", comezan dicieno en todo un apartado que decican ás dúbidas sobre a interrupción do embarazo.

 

Máis adiante enumeran os métodos do aborto, centrar nos seus riscos: infeccións, perforacións do útero, hemorraxias... Incluíndo ademais entre os riscos os "problemas na relación de parella".

 

Nun apartado máis breve Red Madre insinua defender o dereito a continuar co embarazo, nun parágrafo dirixido a aquelas menores de idade embarazadas: "Si es menor de idade e non queres abortar, podes buscar amparo nas adutoridades que defenderán o teu dereito a cntinuar co ambarazo", indica Red Madre. "Se tes dubidar, chámanos. Podemos asesorarche, aínda que sexas menor, pero maior de 16 anos", conclúe.

 

O VÍNCULO DE RED MADRE COA XUNTA DO PP

O Partido Popular estreou a súa maioría absoluta na Xunta de Galicia en 2009 a través do apoio á Iniciativa Lexislativa Popular do Foro Español da Familia, apoiada por Red Madre. A norma, co obxectivo de "establecer e regular unha rede de apoio á muller embarazada" saíu adiante, aínda que só co apoio do Partido Popular.

 

52b803055ff42 feijooredmadre
Arquivo - Alberto Núñez Feijóo, en 2012, cando era presidente da Xunta de Galicia, fronte a un posto de Red Madre / Foto: Xunta de Galicia

Foi entón cando a asociación antiabortista pasou a estar amparada pola lei do PP. Desde entón, as subvencións da Xunta de Galicia a Red Madre son continuas. Entre 2012 e 2013 estas axudas sumeron 120.000 euros, nun panorama no que Feijóo insistía en incrementar a natalidade en Galicia.

 

En 2012 xorde outra lei que volve amparar a Red Madre e que permitiu, segundo o Goberno, "favorecer que a nai xestante decida continuar co embarazo e garantir a confidencialidade no caso de decisión de renunciar ao seu fillo/a". Se trta do Plan Integral de Apoio á Muller Embarazada 2012-2014, da man da Consellería de Benestar, derivado tamén da lei do 2009. Neste plan menciónase ademais a intención de "promocionar a acollida e a adopción como alternativas eficaces" fronte a un embarazo non desexado.

 

150923 redmadre 03a
A actual responsable de políticas de igualdade da Xunta reunida con activistas antiaborto nunha imaxe do ano 2013 publicada na web da Xunta

 

Dentro do debate político, o PP aseguraba que a lei actual do aborto promove as pílulas poscoitales e o aborto como "método anticoceptivos", denunciando unha "utilización incontrolada" de ambos os recursos.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE