O colectivo cobrou un setenta e cinco mil euros o último ano en dúas convocatorias de diferentes departamentos segundo figura no Diario Oficial de Galicia. As axudas públicas a este grupo de activistas contrarios á liberdade das mulleres para exercer o dereito a interromper o embarazo son unha constante desde que Feijóo devolveu aos conservadores ao poder na administración autonómica galega. Este apoio, escenificado en diferentes reunións cos antiabortistas, choca coas últimas declaracións do político galego que se mostrou a favor de case todo o marco legal actual do aborto en España.
A nosa comunidade é a que ten unha menor taxa de aborto de España: tan só un 5,37‰
Galiciapress entrevista á Vicesecretaria Xeral de Comunicación do PP, concluíndo a rolda de entrevistas con todos os partidos con opcións de sacar esacaño en Galicia. A profesora universitaria Marta González (Santiago, 1965) insiste en que non hai outro voto útil no centro dereita que o do PP. Unha hipotética saída de Feijoó a Madrid, o apoio á transferencia da AP9, o aborto e ENCE son outros dos temas desta conversación coa cabeza de cartel conservadora pola Coruña a poucas xornadas das eleccións xerais.
Compostela e Vigo acollen concentracións en solidariedade feminista coa legalización do aborto en Arxentina este mércores 8 de agosto
A organización antiabortista promovida polo Foro Español da Familia recibiu case 166.000 euros nos últimos dous anos das axudas da Xunta a programas dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade
Polémica sobre o aborto en Galicia. Un colectivo antiabortista denuncia a dúas clínicas de Vigo e A Coruña pola información que ofrecen ás mulleres. Os centros médicos defenden a súa legalidade. Un deles ten concerto coa Xunta.
A Coordenadora Mundial das Mulleres na Coruña reclama ao Chuac que se cumpran os protocolos en casos de aborto.
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca os actos na Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo.