"Segue sen haber garantías para a muller que aborta no segundo trimestre"

A Coordenadora Mundial das Mulleres na Coruña reclama ao Chuac que se cumpran os protocolos en casos de aborto.


|

PlataformaabortocoruProtesta na Coruña.

A Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres na Coruña solicitou unha reunión ao responsable da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Luis Verde Remeseiro, para reclamar que neste Complexo Hospitalario Universitario (Chuac) "cumpran" os protocolos internacionais sobre o aborto no segundo trimestre.


Coincidindo coa entrega dun escrito, un grupo de mulleres concentrouse ante as dependencias hospitalarias cunha pancarta co lema 'O meu corpo non é territorio de liorta. Eu decido'.


En declaracións a Europa Press, Erea Branco, portavoz da Coordenadora, manifestou que, dous anos despois de que a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto remitise un escrito á xerencia, "segue sen haber garantías para a muller que aborta no segundo trimestre".


En concreto, reclamou que sexan atendidas "en todo momento por profesionais de xinecoloxía e que teñan acceso á anestesia". Ademais, denunciou que hai mulleres que deben acudir a abortar a Madrid "asumindo elas o custo".


SEN XINECÓLOGO


No escrito, denuncian tamén que mulleres de 31 concellos do rural da provincia coruñesa "están sen profesional de xinecoloxía no Centro de Orientación Familiar do Ventorillo".


relacionada Concentracións en varias cidades polo Día internacional do dereito ao aborto
relacionada Feijóo reivindica os ventres de aluguer comparándoos co dereito ao aborto
relacionada Un panfleto protaurino compara o dereito ao aborto coas corridas de touros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE