Un panfleto protaurino compara o dereito ao aborto coas corridas de touros
Galicia, Mellor Sen Touradas denuncia o contido "filofascista" dun impreso repartido na Coruña.
O panfleto repartido na Coruña. Foto: GMST
O colectivo Galicia, Mellor Sen Touradas denunciou o contido "filofascista" dun panfleto protaurino repartido na cidade da Coruña. Tamén avanza que están a estudar a posibilidade de remitir unha denuncia administrativa ao Consistorio.
En concreto, indica que varios vehículos estacionados na rúa Durán Loriga apareceron este mércores cunha publicación colocada nos seus parabrisas en apoio á tauromaquia.
Do contido do documento, aseguran que "se chega a atacar o dereito das mulleres para decidir sobre o seu corpo" con frases como "a morte dun fillo pola súa propia nai", remarcan.
Os abolicionistas censuran "a difusión dun documento que atenta contra as liberdades e dereitos fundamentais da cidadanía, ademais de realizar unha vomitiva apoloxía sobre a crueldade cara aos animais, onde se defende toda clase de malos tratos para xustificar as corridas de touros na cidade herculina", añadem.
Por outra banda, tanto Galicia, Mellor Sen Touradas como Mocidade pola Abolición avanzan que estudan denunciar a publicación e a súa repartición no municipio "por carecer da autorización previa do consistorio, unha práctica que pode supoñer multas de ata 1.500 euros", lembran.
Escribe o teu comentario