O Partido Popular volve ao seu espazo máis natural

Manoel Barbeitos
Economista

Estes primeiros días que levamos do ano 2023 foron suficientes para confirmar que a nova dirección do Partido Popular (#PP) quere deixar atrás a imaxe inicial de moderación nas formas e talante democrático no fondo, coa que parecían querer convencer aos cidadáns dos pobos de España de que ese partido cambiara, para agora adoptar a mesma estratexia que antes seguiran Aznar, Rajoy e Casado e que caracteriza ao Partido Popular (#PP) como un partido de dereita extrema

 

Abriu a porta á nova estratexia o señor Miguel Pillado, vicesecretario de Organización do PP, quen declaraba ilexítimo ao goberno español de quenda (#PSOE/#PP). Desta forma, non só mentiu, pois se trata dun goberno plenamente lexítimo (Título IV, art. 99.3 C.E.), senón que as súas declaracións apuntan a que o Partido Popular (#PP) está decidido a seguir o camiño dos partidos totalitarios e, na máis pura liña trumpista (ou bolsonarista), defender que só é lexítimo un goberno cando son eles quen gobernan. Unha vía moi perigosa para a democracia, como vimos recentemente en Brasil e antes nos Estados Unidos, pois con declaracións deste tipo está a impugnarse a propia democracia.

 

Poucos días despois era o propio señor Núñez Feijóo, presidente nacional do PP, quen confirmaba a nova liña política adoptada ao comparar a pacífica manifestación de Podemos no ano 2016 ("Rodea o Congreso") co recente intento de golpe de estado en Brasil cando una turba invadiu os edificios dos tres poderes (executivo, lexislativo e xudicial) esnaquizando todo o que atopaba ao seu paso e pedindo a intervención do exército. Só desde unha mentalidade totalitaria pódese comparar e identificar unha manifestación pacífica (Título I. art. 21 C.E.) cun intento de golpe de estado. Ao mesmo tempo, e como sinalaron algúns medios galegos, o señor Núñez Feijóo, con tales declaracións, pareceu esquecer suceder en novembro  do 2005 cando un grupo de cadros e militantes do PPdeG manifestáronse diante do Parlamento de Galicia chegando a entrar no mesmo de forma airada. Porfía así o PP na defensa dunha liña política para a cal as accións políticas teñen distinta cualificación democrática segundo quen as faga e non segundo si respectan ou non a legalidade vixente.

 

Estratexia que sería continuada pola señora Cuca Gamarra, Secretaria xeral do PP, quen con motivo do intento de golpe de estado en Brasil equiparaba a conduta pacífica dos cidadáns de Cataluña acudindo -1 de outubro do 2017- a unhas escolas a depositar unha papeleta nunha urna coa dunha turba que invade violentamente as institucións democráticas. Resulta paradigmática esta comparación pois identifica claramente a súa autora coas ideas totalitarias ao equiparar a maioría dos cidadáns de Cataluña cos bolsonaristas.

 

A interpretación política desta estratexia, que apesta a franquismo, pode estar en que o Partido Popular (#PP), unha vez desaparecido Cidadáns, parece empeñado en pescar no caladoiro de VOX, para o que non ten reparos en asumir moitos dos seus postulados políticos totalitarios: respéctanse as regras democráticas se se gañan as eleccións, non se respectan si pérdense. Unha estratexia que carrexa riscos para a democracia española e que non, está claro, que lle vaia a permitir chegar ao goberno. Unha estratexia que, por outra banda, supón que o Partido Popular busca volver ocupar o espazo político que lle é máis natural: o da dereita extrema.  

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE