A proliferación de ofertas ao redor de voos baratos permitiu que os tres aeroportos galegos rexistrasen o pasado xullo máis de medio millón de pasaxeiros, experimentando un incremento tanto no número de viaxeiros como no de voos, coa excepción de Vigo-Peinador, que sae prexudicado na súa pelexa co aeroporto do Porto.
O portavoz de En Marea, agora integrado no Grupo Mixto do Parlamento de Galicia, cargou contra a formación violeta e a súa división en Galicia, liderada por Antón Gómez-Reino. A situación política actual, coas negociacións entre PSOE e Podemos para formar goberno bloqueadas, evidencian que non existe “capacidade política de ningún tipo” a nivel individual, segundo Villares.
Agosto bateu o record no referido ao gasto en pensións por parte da Seguridade Social, superando os 9.681 millóns de euros, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
Feijóo, Tellado e a propia vicesecretaria de Política Social dos populares, Cuca Gamarra, demostraron en senllas declaracións que o proxecto ‘España Suma’ non pasa por Galicia. “Non é necesario”, alega o presidente de la Xunta de Galicia sobre unha posible coalición dos partidos de dereita.
O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos de España (CGCOM) emitiu unha "mensaxe de tranquilidade e de confianza" no Sistema Nacional de Saúde (SNS), os responsables sanitarios e en todos os profesionais, ante o brote de listeriosis que se cobrou xa dúas vidas e que suma un total de case 200 persoas afectadas.
Os aeroportos da Coruña e Santiago de Compostela veranse afectados esta fin de semana pola folga no aeroporto barcelonés. Á folga indefinida de vixiantes dos filtros de seguridade de Trablisa súmase a partir deste sábado unha folga do persoal de terra de Iberia no principal aeroporto catalán.
A Garda Civil investiga a un home de 74 anos, veciño de Nigrán (Pontevedra), como presunto autor dos delitos de abusos sexuais, trato degradante, ameazas e coaccións a varias empregadas do fogar.
Os pilotos de Ryanair apoiaron masivamente a adopción de medidas legais, entre elas a folga, como medida de protesta polo anunciado peche das bases de Tenerife Sur, Las Palmas de Gran Canaria e, posiblemente, Xirona, uns peches que "supoñerán o despedimento de máis de 100 pilotos en toda España".
A decisión da Generalitar de denunciar ao Estado para reclamar os adiantos de 2019 pon ao presidente de la Xunta entre o eixo e a roda despois de que o presidente autonómico leve meses reclamando 700 millóns ao goberno de Pedro Sánchez, un diñeiro bloqueado por atoparse o Goberno de España en funcións e non contar cos seus propios Orzamentos Xerais.
A Xunta de Galicia, con motivo dunha denuncia propulsada polo Concello de Sada polo incumprimento do réxime de visitas por parte da familia Franco e a través da Consellería de Cultura e Turismo, abriu dilixencias informativas á familia Franco en relación ás visitas obrigadas ao Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural, que deben ser catro ao mes polo menos.
Os inmigrantes e refuxiados lánzanse de novo a augas do Mediterráneo para tentar chegar a nada ás costas italianas ante a parálise que as administracións provocaron no buque da ONG española, que permanece fondeado preto de Lampedusa á espera dunha solución que permita o desembarco das persoas que levan dúas semanas resistindo no barco.
A dúas forza progresistas manteñen unha parálise absoluta nas súas posturas, que polo momento afastan a Pedro Sánchez do Goberno e deixan a porta dunhas eleccións en novembro cada vez máis aberta. A vicepresidenta Carmen Calvo confirmou este luns que non existen novos contactos entre as formacións.
A política deberían conformala a decencia, a honestidade e a responsabilidade.
A presidenta do Banco de Alimentos de Lugo, Amadora Núñez, solicitou tanto á Xunta como ao Concello un "maior" apoio económico, por unha situación económica complicada ao contrar con unha débeda de 12.000 euros.