Luís Villares: “A confluencia galega Unidas Podemos-Galicia en Común é unha absoluta farsa”
O portavoz de En Marea, agora integrado no Grupo Mixto do Parlamento de Galicia, cargou contra a formación violeta e a súa división en Galicia, liderada por Antón Gómez-Reino. A situación política actual, coas negociacións entre PSOE e Podemos para formar goberno bloqueadas, evidencian que non existe “capacidade política de ningún tipo” a nivel individual, segundo Villares.

Villares comparecendo ante os medios
Para Villares o tira e afrouxa entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias é unha “batalla” polas “cadeiras de brazos” na que “a testosterona opúxose ás neuronas”. Nesa batalla, o portavoz de En Marea lamentou que non tivesen visibilidade as confluencias de Podemos, antigas alianzas da forza galega.
“Demostrouse que non había programa político propio nin autonomía para negociar”, criticou Villares, considerando isto unha mostra dun modelo que “non serve para vertebrar a plurinacionalidad”. "A confluencia galega Unidas Podemos-Galicia en Común é unha absoluta farsa”, resolveu Villares.
Segue lendo a noticia en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario