Amarante será sede da IX Edición da feira Expocidades do Eixo Atlántico

Do 8 ao 10 de maio terá lugar na localidade portuguesa a cita enfocada no turismo de proximidade.


|

Amarante
Amarante | Foto: Eixo Atlántico

 

Os días 8, 9 e 10 de maio a fermosa localidade portuguesa de Amarante, situada a medio camiño entre Opoto e Vila Real e cruzada polo Támega até a súa desembocadura no Douro, será a anfitrioa da IX Edición da feira de turismo de proximidade do Eixo Atlántico, Expocidades, un evento xa consolidado como unha das principais citas do seu ámbito entre Galicia e o Norte de Portugal. 

 

 

TRES DÍAS DE FEIRA

Resulta unha oportunidade única para coñecer todas as xoias que garda a Eurorrexión nun fin de semana onde se reunirán 29 entidades participantes, o que representa un crecemento con respecto á feira do ano pasado en Sarria. 

 

A cinta inaugural cortarase este venres ás 16 horas -hora de Portugal- no Parque Multifuncional do Rossio. En diante, serán tres días para pór en valor a oferta turtística, cultural, gastronómica, patrimonial e económica dos municipios presentes, sendo un escaparate para o turismo de proximidade. 

 

 

Desde o Eixo impulsan esta iniciativa como desde unha perspectiva "responsable, sostible e de excelencia, promovendo un desenvolvemento equilibrado do territorio". Expocidades abrirá de 16 a 22 horas o venres, de 15 a 22 horas o sábado e en horario de mañá e tarde o domingo, de 10:30 a 13 horas e de 15 a 20 horas, respectivamente. 

 

CARTAZ EXPOCIDADES 2026

 

Os asistentes poderán gozar de catas de produtos locais, exhibicións de tradicións, artesanía, talleres, actividades infantís, música, teatro e demostracións en vivo. En Amarante, un lugar que mestura "historia, natureza e creatividade", confeccionaron unha rica programación para estes días con actuacións musicais de Suspensive Mood, Trobadores dá ViolAMArantina e Fole e Festa para amenizar as xornadas, que culminarán co sorteo do premio estrela: un cruceiro polo Douro.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE