​A denuncia de Catalunya ao Goberno por falta de pagamentos pon a Feijóo nun compromiso

A decisión da Generalitar de denunciar ao Estado para reclamar os adiantos de 2019 pon ao presidente de la Xunta entre o eixo e a roda despois de que o presidente autonómico leve meses reclamando 700 millóns ao goberno de Pedro Sánchez, un diñeiro bloqueado por atoparse o Goberno de España en funcións e non contar cos seus propios Orzamentos Xerais.



|

A decisión da Generalitar de denunciar ao Estado para reclamar os adiantos de 2019 pon ao presidente de la Xunta entre o eixo e a roda despois de que o presidente autonómico leve meses reclamando 700 millóns ao goberno de Pedro Sánchez, un diñeiro bloqueado por atoparse o Goberno de España en funcións e non contar cos seus propios Orzamentos Xerais.


O presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello


O presidente de la Xunta de Galicia leva meses reclamando 700 millóns ao Estado


Pere Aragonès, vicepresidente do goberno catalán e conceller de Economía, anunciou a medida para dar conta do peche das contas da Generalitat. "Levaremos ao Goberno aos tribunais polos adiantos de 2019, que son nosos, dos cidadáns de Catalunya e que están a reter de forma irregular ao noso xuízo", declarou Aragonès.


Desde Catalunya reclaman un montante superior aos 1.300 millóns polos adiantos correspondentes a 2019. Segundo o parecer o conceller, o Goberno de Pedro Sánchez non quere transferir os adiantos coa intención de "mostrar que a administración xeral do Estado vai moi ben e que as comunidades autónomas van moi mal".


QUE FARÁ A Xunta?

Este paso adiante do goberno de Catalunya pon nun brete á administración galega. A principios de xullo o Parlamento de Galicia aprobou unha iniciativa para solicitar formalmente ao Executivo de Pedro Sánchez os 700 millóns e así "seguir pagando facturas, pagando nóminas e pagando o que se debe na Comunidade autónoma".


Así o reclamou Feijóo xustificou que hai precedentes de que un Goberno en funcións aprobe decretos lei ao lembrar os autorizados polo Executivo en 2016 en materia de activación do emprego e de medidas tributarias para reducir o déficit. Nesas datas, a Xunta anunciou que o goberno autonómico, a falta dese pago, contaba con un buraco nas súas contas de máis de 500 millóns.


A semana pasada foi Alfonso Rueda o que, facendo referencia á posibilidade de que algunhas autoestradas gratuítas pasen a ser de pago, criticou que o Goberno de España non abone os 700 millóns que reclama a Xunta. "Que curioso que si o poidan facer e ingresar 700 millóns non", respondeu Rueda. "Son dos galegos e galegas, necesarios para pagar servizos públicos", insitió o vicepresidente de la Xunta.


En iguais termos pronunciouse a deputada do PPdeG Paula Prado, considerando esta situación “unha ultraxe” que afecta “a todos os galegos e galegas” e rexeitou que se tratase dun problema de cores políticas. "Non é unha lea entre partidos, é a mala xestión do Goberno de España”, expuxo Prado.


RESPOSTAS DESDE VIGO E MADRID

A resposta ás ameazas do PPdeG non se fixeron esperar por parte dos socialistas. Abel Caballero declarou esta semana que non permitirá que o executivo galego recorte partidas destinadas aos municipios galegos no caso de que o Goberno de España non desbloquee os 700 millóns que reclama a Xunta. “Que nin se lle ocorra quitar diñeiro aos concellos”, advertiu o alcalde de Vigo e presidente da FEMP.


Pola súa banda, desde o Goberno de España mostráronse tallantes á hora de responder as ameazas do goberno galego. Desde Madrid lembra a Feijóo que esta situación débese ao bloqueo dos Orzamentos Xerais do Estado por parte do Partido Popular e que levaron ao goberno de Sánchez a convocar eleccións e prorrogar os PGE anteriores.


De igual maneira, a ministra de Facenda, María Jesús Montero, destaca que esta situación non é só un problema que abura a Galicia, senón que en total son 4.500 millóns de euros os que están pendentes de ser abonados aos gobernos autonómicos. Agora a Xunta atópase na tesitura de como proceder despois da determinación da Generalitat: se manter as ameazas reiteradas a Pedro Sánchez ou pasar á acción como parecen decididos a facer os seus homólogos cataláns. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE