ERE

Prevén unha "brutal restructuración" do Banco Santander en Galicia

A pesar de gañar máis de 3.750 millóns en 2018, a entidade herdeira da rede do Banco Pastor quere pechar máis de 1.100 oficinas

O ERE do Santander suprimirá 3.700 empregos, unha parte en Galicia

A comunidade é unha das zonas nas que máis duplicidades ten a súa rede, ao herdar o Santander as sucursais do Popular e do Banco Pastor. En total, aspira a pechar máis de1.100 oficinas en toda España.

As traballadoras de DIA logran limitar o ERE pero seguen mobilizándose

Cando se anunciou o ERE, DIA, que emprega en Galicia a máis de 1.200 persoas, pretendía hechar a máis de 2.000 empregados. A cifra xa se reduciu ata os 1.500 e mañá hai máis concentracións de protesta, unha delas en Santiago de Compostela.

Galicia pode ser a que máis sufra o ERE no Banco Santander

Aínda non existe un número oficial de empregados afectados polo ERE, aínda que varios medios falan dun recorte de entre 3.000 e 4.000 persoas polo peche de máis de 1.000 sucursais.

O ERE de Vodafone deixa no aire a 184 traballadores galegos

O Expediente de Regulación de Emprego afecta a 1.200 traballadores en toda España. En Galicia consideran a decisión un “barbaridade”.

Os traballadores de Alcoa plantaranse o sábado ante o Concello

Os traballadores de Alcoa na Coruña convocaron para o sábado, día 17, unha concentración ante o Concello, na praza de María Pita, segundo informou o comité de empresa. A protesta celebrarase a partir das 12:00 horas.

Novas protestas na Coruña contra o peche en Alcoa

Na marcha apremouse ao goberno para atopar solucións para evitar o peche da factoría. Xunto coa fábrica de Avilés hai 700 empregos que dependen da decisión. 

250 traballos de Noa Madera pendentes do ERE e Inditex

"O ruído do ERE seguro que lles chegou a Inditex”, declara a Galiciapress María Placios, secretaria xeral de UGT-FICA. O concello de Fene, onde se sitúa Noa Madeira Creativa, mostra no pleno o seu apoio total aos empregados e ao comité, sobre a que planea a posibilidade dun ERE. Malasa, propietario da empresa, ten a Inditex como o seu principal cliente, pois lle fai o mobilario.

“Está a pagarse antes a acredores que a traballadores en Hermanos Carrajo”

A CIG reclama o pago da nómina dos 50 traballadores que compoñen a empresa. Os salarios corresponden á etapa posterior á entrada da empresa de construcións no proceso concursal no que se atopa.

O CPXG lamenta o peche da produtora de ‘Desde Galicia para o mundo’

A compañía anuncia o cesamento da súa actividade por “causas económicas”. O CPXG aproveita este caso para alertar “sobre as condicións laborais e profesionais nas súas subcontratas”.

Erimsa presenta un ERE "ante a negativa da Xunta de outorgar novas concesións" de extracción de cuarzo

"De continuar nesta situación, a planta de Frades verase abocada ao seu peche definitivo", advertiu a dirección da compañía ao seu persoal

A deriva da fábrica de Sargadelos de Cervo

Rogelia Mariña, representante de UGT en Sargadelos, foi despedida, segundo o sindicato, por negarse a facer media hora extra "voluntaria" sen remuneración despois de que unha compañeira fose sancionada por non facela

O centro sanitario Foltra presenta un ERE para o 40% do seu persoal

O sindicato tamén acusou a Foltra de "facer desaparecer áreas completas" para lograr o despedimento de representantes sindicais

49 despedimentos e ameaza de peche na fábrica de Sargadelos de Cervo

Este ano o Tribunal Supremo ratificou que o ERE realizado pola empresa en 2010 foi nulo, así como varios despedimentos realizados no seu día

"As oposicións de educación son un ERE masivo dentro dos traballadores temporais"

Galiciapress fala coa portavoz do USDG, sindicato que realizou varias denuncias acerca das oposicións de educación que se celebran estes días por todo o territorio español. 


Adolfo Domínguez anuncia que os despedimentos polo ERE serán 56, en lugar de 110

Adolfo Domínguez rexistrou unhas perdas atribuídas á sociedade dominante de 2 millóns de euros no seu primeiro trimestre fiscal, un 20,3% menos que os 'números vermellos' do mesmo período do ano anterior, segundo informou este venres a firma galega.

"Elnosa e Ence saben desde hai moitos anos que non podían estar aí"

Carme da Silva, afirmou que é "imposible" que Elnosa obteña unha prórroga da Dirección Xeral de Costas para continuar en Lourizán

Os traballadores de ‘Madeiras Igrexas’ maniféstanse en defensa do seu futuro

A empresa enfróntase a un ERE que afectaría a 140 empregados, a maioría mulleres.

​O Santander asina o ERE entre presións para que Banco Pastor siga existindo

"Son empregos de alta calidade e de salarios decentes que van cara a un modelo de desvalorización salarial", afirman desde En Marea.

Elnosa recibe a autorización ambiental integrada para desmantelar a planta

A autorización permitirá á factoría iniciar o proceso de desmantelamento para poder usar as novas maquinarias.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE