O ERE de Vodafone deixa no aire a 184 traballadores galegos

O Expediente de Regulación de Emprego afecta a 1.200 traballadores en toda España. En Galicia consideran a decisión un “barbaridade”.


|

O Expediente de Regulación de Emprego afecta a 1.200 traballadores en toda España. En Galicia consideran a decisión un “barbaridade”.


Vodafone


Vodafone España comunicou aos representantes dos traballadores a apertura dun procedemento de despedimento colectivo "por razóns económicas, produtivas e organizativas" que afectará a un máximo de 1.200 empregados, o 23,5% do persoal en España.

Segundo datos facilitados pola empresa a Europa Press, Vodafone contaba con 184 traballadores en Galicia a peche do seu ano fiscal (31 de marzo 2018), repartidos entre as sedes de Vigo (onde hai máis de 120) e A Coruña (preto de 60). As mesmas fontes aclaran que aínda non hai estimación do impacto que pode ter o ERE na Comunidade.

A operadora detalla que convocou aos sindicatos para iniciar a finais de xaneiro o período de consultas deste Expediente de Regulación de Emprego (ERE), un proceso que se prolongará durante un mes e no que a empresa buscará un acordo cos representantes dos traballadores.

Pola súa banda, en declaracións a Europa Press, o responsable do sector de Comunicacións e Medios de UXT en Galicia, José Ramón Biscaíño, tacha de "barbaridade as dimensións do ERE", que ve consecuencia de "decisións empresariais erróneas no tempo de Vodafone en España como a compra de Ono ou non apostar polo fútbol".

Biscaíño critica que os afectados "sexan os traballadores cun terceiro ERE e que non paguen o pato primeiro os directivos pola súa mala xestión".

Nesta liña, este representante sindical tamén reflexiona sobre como "a raíz dos problemas" dos que deriva esta situación é "a regulación das comunicacións en España, que afecta o emprego", dado que se deixa operar a compañías virtuais cun "mínimo" de traballadores, mentres "se vai en contra de empresas con emprego cualificado". Pon de exemplo o alto grao de cualificación de moitos traballadores de Vodafone en Galicia.

EN BUSCA DO "MELLOR ACORDO POSIBLE"

A este respecto, Vodafone afirma que, "sendo sensible ao impacto desta medida", aborda a negociación coa determinación de alcanzar coa representación social "o mellor acordo posible tanto para os empregados como para a empresa".

Vodafone España explica que o procedemento que arrinca este xoves persegue "reverter a negativa evolución do negocio, reforzar a súa sustentabilidade, protexer a capacidade de investimento e deseñar unha organización máis competitiva e mellor adaptada ao que piden os clientes"

Así, sinala que no actual contexto de mercado a demanda de servizos segue crecendo de forma exponencial, pero en cambio os prezos non aumentan, como reflicte que preto do 50% das altas brutas están asociadas con ofertas "low e medium cost".

A compañía asegura que isto lle obriga a ter unha estrutura de custos preparada para competir con éxito en todos os segmentos, unha situación levou xa a caídas dos ingresos e do resultado bruto de explotación (Ebitda) no primeiro semestre do actual exercicio.

Así mesmo, tamén agrega que as actuais expectativas dos clientes, que esixen unha relación áxil, sinxela e inmediata, levan a Vodafone a buscar un modelo organizativo máis simplificado e que reforce a coordinación e sinerxias entre os equipos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE