49 despedimentos e ameaza de peche na fábrica de Sargadelos de Cervo

Este ano o Tribunal Supremo ratificou que o ERE realizado pola empresa en 2010 foi nulo, así como varios despedimentos realizados no seu día


|

Segismundo García


O conselleiro delegado de Sargadelos, Segismundo García, anunciou este venres o despedimento de 49 empregados da fábrica de Cervo (Lugo), nun reunión na que ameazou co peche da planta.

Fontes presenciais explican a Europa Press que no encontro o responsable da compañía escudouse en "presións sindicais" para xustificar estes despedimentos. Ademais, comunicouse que unha decena deles son inminentes e o resto proximamente.

En declaracións a Europa Press, Pedro Branco, avogado de UXT, mostrouse "sorprendido" con este anuncio "fóra de lugar", xa que a fábrica de Cervo está "a funcionar ben" e afirma que esa decisión "nada ten que ver" con "presións sindicais de UXT ou calquera outro sindicato".

Sargadelos saíu en 2016 do concurso de acredores no que entrou de forma voluntaria en 2014. A compañía conta con outra fábrica en Sada (A Coruña) á que non afectarán estes despedimentos.

Así mesmo, este ano o Tribunal Supremo ratificou que o ERE realizado pola empresa en 2010 foi nulo, así como varios despedimentos realizados no seu día, tras non aceptar un recurso de casación presentado pola empresa despois de senllas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do xulgado do contencioso administrativo de Lugo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE