A tenda en Marineda City (A Coruña) e as de Arapiles e Aroyomolinos en Madrid eran algunhas das incluídas naquela lista.
As restricións que están a aplicar as Comunidades Autónomas están a pasar factura ao Corte Inglés (ECI) e os seus traballadores. Nestes momentos xa hai ERTES aprobados ou en trámite en polo menos catro comunidades autónomas e a lista podería crecer pronto.
O PP de Galicia e o PSdeG seguen unidos na demanda de sentar de novo á multinacional á mesa para salvar a economía da Mariña e a da provincia de Lugo. A compañía, pola súa banda, insiste en que a planta de aluminio non é viable.
Representantes de Comisións Obreiras (Jorge Villarino) e a Confederación Intersindical Galega (Rosa Conde) atenden a Galiciapress para pormenorizar as consecuencias que o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) anunciado polo Banco Santander pode provocar en Galicia, unha comunidade que se foi quedando sen bancos por mor da reestruccturación da banca española.
A multinacional aplica o despedimento colectivo a pesar de que hoxe mesmo a Administración advertiulle que violou as normas que rexen as negociacións de Es tras rexeitar unha oferta do Estado. O asunto acabará moi probablemente nos tribunais, pois a polémica nacionalización da fábrica é, agora mesmo, a única solución factible para salvala.
A multinacional norteamericana está a acelerar todo o que pode o desmantelamento da planta de aluminio. Alcoa mantén unha posición de dominio no sector, ao ser tamén una das poucas produtoras europeas de alúmina, a materia prima do alumino; polo que en gran medida é capaz de xogar coa oferta e a demanda no seu beneficio.
A sentenza do pasado abril ordenaba á aerolínea para readmitir aos traballadores afectados de forma inmeadiata, nas mesmas condicións que gozaban antes do despedimento e co abono dos soldos que non cobraron desde a aplicación dos despedimentos.
O sindicato CIG en Abanca alerta que "Abanca presentou un ERE pola integración de Banco Caixa Geral e Abanca que afecta a 250 traballadores". Galiciapress contactou coa filial de Banesco para contrastar esta denuncia, pero o banco declina por agora facer comentarios.
O expresidente da Junta de Andalucía, José Antonio Griñán, condenado pola Audiencia Provincial de Sevilla a 15 anos de inhabilitación ademais dos seis anos de prisión por malversación nos expedientes dos ERE.
A entidade, herdeira dos defuntos Banco Pastor e Banco Popular, pretende despedir a case 500 persoas en Galicia pechando máis de 100 oficinas. Isto supón case o 25 do seu persoal na autonomía. O principal sindicato dos traballadores a nivel estatal acaba de rexeitar a proposta de prexubilacións.