487 afectados polo ERE do Santander en Galicia, segundo a CIG

CIG-Banca eleva a 487 os despedimentos do Banco Santander en Galicia, ao contabilizar, xunto aos 271 propostos no expediente de regulación de emprego (ERE), as prexubilacións que a entidade ofreceu desde marzo, e polas que "leva amortizados 216 postos de traballo".

|

CIG-Banca eleva a 487 os despedimentos do Banco Santander en Galicia, ao contabilizar, xunto aos 271 propostos no expediente de regulación de emprego (ERE), as prexubilacións que a entidade ofreceu desde marzo, e polas que "leva amortizados 216 postos de traballo".


Cig ere santander


A través dunha nota de prensa, a entidade financeira critica que a entidade financeira "xa mostra de inicio as súas intencións, reservándose o dereito de aceptar ou non a adscrición voluntaria ao expediente en función das súas necesidades". Neste sentido, engade que "ao tempo" establece "criterios de adscrición non voluntaria, é dicir: despedimentos".


Respecto diso, a central nacionalista lembra que non asinou o protocolo de fusión de novembro de 2018 ao entender que "non garantía nada".


O 14% do persoal que Santander propón no ERE (271 de 1.916) é unha porcentaxe, segundo destaca, "superior á media estatal", que estima no 12%. Tamén agrega que "a maior parte das medidas estarán aplicadas ao 31 de decembro deste ano".


Con as 216 amortizacións vía prexubilación, avisa de que "ao final do proceso estaríase a falar da destrución de 487 postos de traballo, case un 23%".


Neste contexto, anuncia que defenderá o mantemento "pleno" do emprego en Galicia e a posta en marcha dun proceso de prexubilacións, xa que non admitirá "ningún despedimento".


O pasado 21 de maio xa iniciou mobilizacións para denunciar as consecuencias "laborais e sociais" deste proceso e avanza que "continuarán".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE