​Os traballadores rexeitan o ERE do Banco Santander que busca desfacerse de case 500 empregados en Galicia


A entidade, herdeira dos defuntos Banco Pastor e Banco Popular, pretende despedir a case 500 persoas en Galicia pechando máis de 100 oficinas. Isto supón case o 25 do seu persoal na autonomía. O principal sindicato dos traballadores a nivel estatal acaba de rexeitar a proposta de prexubilacións. 


|

A entidade, herdeira dos defuntos Banco Pastor e Banco Popular, pretende despedir 487 persoas en Galicia pechando máis de 120 oficinas. Isto supón case o 25 do seu persoal na autonomía. O principal sindicato dos traballadores a nivel estatal acaba de rexeitar a proposta de prexubilacións.


Pouco despois de que o Santander anunciase que recolocaría aos traballadores afectados polo Expediente de Regulación de Emprego (ERE), os sindicatos puxeron a lupa nesta proposta e non lles satisfixo.


BancoSantander



Os representantes dos traballadores ameazan con bloquear o ERE por discriminar oficinas.


IMPACTO EN GALICIA

En Galicia, CIG-Banca eleva a 487 os despedimentos do Banco Santander en Galicia, ao contabilizar, xunto aos 271 propostos no expediente de regulación de emprego (ERE), as prexubilacións que a entidade ofreceu desde marzo, e polas que "leva amortizados 216 postos de traballo". A CIG tamén rexeita a oferta dos banqueiros e comprométese a defender o pleno emprego, aceptando prexubilacións, pero non ningún despedimento. 


A entidade de Botín levaría por diante unhas 135 oficinas en galicia, ao redor dun terzo das actuais. A autonomía é unha das zonas con máis densidade de sucursais, pois o Santander herdou a rede da defunta entidade galega Banco Pastor, no seu día comprada á súa vez polo Popular.


19 05 21 ConcentracionERESantander 05


Unha pasada protesta da CIG ante o Banco Santander na Coruña


O sindicato maioritario no banco a nivel estatal , CC.OO., pide que os empregados teñan as mesmas condicións que no ERE de decembro de 2017 nos servizos centrais da entidade.


A proposta do Santander pasa polo peche de 1.150 oficinas e reducir o persoal. Propón prexubilacións a partir dos 55 anos con ata o 70 por cento do salario, segundo a idade do traballador. No ERE de 2017 pactouse unha porcentaxe de ata o 80 por cento.


As partes prevén reunirse o 30 de maio para seguir as negociacións, pero desde CC.OO. xa avisan que con estas condicións o banco terá que despedir a traballadores de forma forzosa, polo que neste momento a proposta do Santander non conta co aval sindical.


En concreto, a actual proposta de Santander ofrece aos empregados con entre 53 e 54 anos e 15 anos de antigüidade prexubilacións co 65% do salario ata os 63 anos, descontando o paro, máis convenio especial, ou co 55% máis os complementos voluntarios.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE