empresas

Vulcano, sen ofertas firmes para o estaleiro, presenta a súa solicitude de liquidación
Este luns presentouse a solicitude de liquidación do estaleiro vigués Vulcano no Xulgado do Mercantil número 3 da cidade olívica.
Alcoa, sen acordo con Parter, apraza o ERE ata o 8 de xullo
A reunión deste venres entre Alcoa e os representantes traballadores saldouse cun envorco na situación das negociacións, tras decidir a empresa a paralización temporal da venda das súas plantas da Coruña e Avilés (Asturias) a Parter Capital. O encontro, que se estendeu ata altas horas da madrugada, finalizou cunha prórroga do proceso do ERE ata o 8 de xullo para dar a oportunidade ao fondo suízo a explicar a súa situación.
​Securitas condenada polo Supremo por vulnerar a liberdade sindical

O Tribunal Supremo ratifica a condena á empresa de seguridade, dando así a razón á primeira sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Naturgy impulsa a súa transformación dixital da man de IBM cun ‘megacontrato’
Naturgy asinou un 'megacontrato' de dez anos de duración coa compañía tecnolóxica IBM para desenvolver unha estratexia de nube híbrida que dea soporte a unha rede flexible e segura, un acordo co que o grupo enerxético busca impulsar a súa transformación dixital, segundo informaron as empresas nun comunicado.
O Concello de Narón intercede polos traballadores de Poligal

Os empregados despedidos demandan que as administracións busquen un investidor para evitar o peche da planta, mentres que o goberno municipal de Narón (A Coruña) reclamará ao Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e ao Ministerio de Industria unha solución para os traballadores de Poligal.

Os robots de ‘Crea R’ desembarcan en Viveiro

Os talleres de robótica do operador galego de telefonía chegan á Mariña lucense xunto a charlas didácticas sobre o bo uso da internet e redes sociais.

​A cadea ‘Sibuscascoche’ inaugura dúas novas instalacións en Pontevedra

Vigo e Vilagarcía de Arousa son as dúas localidades nas que a marca de vehículos de ocasión online abre as súas dúas novas instalacións.

Aprobado o acordo para a extinción dos 112 empregos de Poligal
Os traballadores de Poligal en Narón (A Coruña) deron o visto e prace en asemblea ao preacordo que o Comité de Empresa alcanzou de madrugada coa compañía e que fixa as indemnizacións para os 112 empregados do persoal, no marco do Expediente de regulación de emprego extintivo que presentou o grupo Peralada.
​As plantacións de piñeiro en Galicia collen forza despois de anos de crises

Finsa anunciou unha subida para partir do 1 de xullo, proxectando que esa madeira estará destinada a usos de maior valor engadido.

​A CIG advirte que a venda de Ferroatlántica é "ilegal" e esconde unha "segregación encuberta"

O sindicato denuncia que as pretensións de Villar Mir son as de deixar as fábricas como subcontratas de FerroGlobe mentres fai negocio coas centrais hidroeléctircas, que no seu día foron unha concesión de la Xunta coa condición de manter os postos de emprego das factorías. 

​(VÍDEO) Os parques eólicos de Naturgy en Galicia desde o alto

A compañía enerxética ha publicado un vídeo no que fai un repaso aos parques eólicos da comunidade desde unha posición nunca antes vista.

​Tiendeo aterra en Galicia apostando polo talento nacional

A scaleup española abre a súa terceira oficina en todo o país, a primeira en Galicia, e a actoa a nivel mundial.

Comité de Ferroatlántica leva ao Parlamento a súa preocupación pola posible venda das instalacións
O comité de Ferroatlántica Cee, Dumbría e Centrais Hidroeléctricas mantivo este venres reunións cos catro grupos do Parlamento de Galicia para trasladarlle a súa "preocupación" pola "previsible" venda do complexo industrial e dos saltos de auga. Así, tamén lles reclamou que esixan á Xunta que "faga valer as cláusulas concesionales para evitar esta segregación encuberta".
Traballadores de Ferroatlántica contra "os especuladores" da enerxía
Traballadores das fábricas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría e das centrais hidroeléctricas concentráronse este venres ante as instalacións de Brens "en rexeitamento á segregación encuberta que pretende levar adiante a empresa, que se especule coa produción eléctrica e na defensa do futuro industrial para a comarca".
A ANC, a Cámara de Comercio e o desquite dos covardes

O provincialismo rancio vai instalar, senón remédiase, nunha institución que necesitaba un cambio para modernizala e situala acorde cos tempos.

"Acoso absoluto" aos traballadores de ABANCA para que coloquen produtos financieros complexos

Clodomiro Montero, responsable da CIG en ABANCA, atende a Galiciapress para denunciar o “clima de medo" que sofren os operarios das antigas caixas. Unha presión que inclúe vender determinados produtos financeiros complexos dun modo que "vai contra a lexislación europea", implantada para evitar que se repitan escándalos como os das preferentes. A “excesiva carga de traballo” e a suposta desigualdade salarial entre homes e mulleres son outros dos temas desta conversación.

A tecnoloxía e os gamers teñen unha cita no ‘Technium R Encounter’

O evento, vinculado coa rede de ‘Encounters’ de Euskaltel, terá un acceso a internet dez veces máis rápido que na anterior edición grazas á empresa de telecomunicacións.

Nace a consultora ‘Top Management Consulting’ da man do Grupo Galejobs

O portal de emprego de Galicia lanza a súa consultora e enmarcada na súa estratexia a medio e longo prazo.

A cooperativa agraria Copagro anuncia o seu peche "no seu mellor momento"
A Unión Sindical Obreira (USO) denunciou este martes que a cooperativa agraria Copagro, situada en Valdoviño, na comarca de Ferrol, presentou un ERE de extinción para os seus 16 traballadores "no seu mellor momento".
O "acoso laboral" leva ao transporte de residuos sólidos urbanos á folga indefinida

A CIG sinala a SOGAMA, Copasa e Partido Popular como principais culpables do despedimento de oito empregados.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE