Sen acordo tras a primeira reunión cos sindicatos para a venda de Alcoa

Os representantes sindicais da factoría negáronse a asinar o principio de acordo da empresa estadounidense co fondo suízo Parter que afecta as plantas da Coruña e Avilés. 


|

Os representantes sindicais da factoría negáronse a asinar o principio de acordo da empresa estadounidense co fondo suízo Parter que afecta as plantas da Coruña e Avilés. 


Fábrica de Alcoa en Avilés


Sen acordo, as dúas partes reuniranse leste mesmo xoves para retomar as conversacións.

O encontro celebrado en Madrid deixou as cousas como estaban, co horizonte do ERE no próximo 31 de xullo. Os sindicatos non aceptaron as condicións de venda alegando que os traballadores non formaron parte do proceso.


O anuncio da negativa chegou tras varias horas de negociación e da “redacción dunha acta de finalización do proceso e a imposición de Alcoa" onde se plasma "a conformidade da representación dos traballadores co proceso levado unilateralmente por eles", informou o comité de empresa da factoría asturiana.


Desta forma, os traballadores manteñen a súa posición firme de non acatar o acordo alcanzado con Parter, pendente tamén das garantías financeiras que ofrece o fondo e das que depende a firma final. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE