Todos os implicados, desde as administracións ata os empregados das plantas da Coruña e Avilés valoran positivamente os pasos dados nos últimos días para a venda das factorías ao fondo de investimento suízo Parter. Con todo, existe consenso ante unha cuestión fundamental en torno ao futuro dos máis de 600 postos de traballo en xogo: nada disto vale se non se aproba o ‘Estatuto Electrointensivo’.
Os representantes sindicais da factoría negáronse a asinar o principio de acordo da empresa estadounidense co fondo suízo Parter que afecta as plantas da Coruña e Avilés.