​Bruxelas pon a lupa sobre os case 21 millóns que lle concedeu España a PSA Vigo

A Comisión Europea sospeita sobre se as axudas concedidas á planta viguesa eran “realmente necesarias”. Desde PSA Vigo saíron ao paso ante estas informacións e aseguran que a investigación é un “proceso de control habitual” cada vez que unha compañía recibe unha subvención deste tipo. 


|

A Comisión Europea sospeita sobre se as axudas concedidas á planta viguesa eran “realmente necesarias”. Desde PSA Vigo saíron ao paso ante estas informacións e aseguran que a investigación é un “proceso de control habitual” cada vez que unha compañía recibe unha subvención deste tipo.


AMP.- PSA Vigo presenta en sociedade o novo Peugeot 2008, cuxa produción en serie comezará en outubro

Presentacion dos traballos do Peugeot 2008 en PSA Vigo


Aínda que desde a planta da cidade olívica transmiten tranquilidade ante a apertura dunha investigación pola concesión de 20,7 millóns en axudas, é Bruxelas a que ten a última palabra á hora de conceder finalmente o diñeiro, xa que a axuda, aínda provisional, debe ser aprobada polo organismo comunitario.


Concretamente relaciónase co proxecto de PSA de investir 500 millóns en novas liñas de produción en PSA Peugeot Critroën en Vigo. España notificou en novembro de 2017 a súa intención de conceder a axuda á planta, e hora as pescudas céntranse en pescudar se as axudas eran “realmente necesarias” e se cumpren as normas europeas sobre axudas de Estado con finalidade rexional.

"A Comisión investigará meticulosamente se as axudas previstas de España son realmente necesarias para que Peugeot invista en procesos de produción verdadeiramente innovadores en Vigo e se van desenvolver a rexión sen falsear indebidamente a competencia ou ir detrimento da cohesión na UE", declarou Margrethe Vestager, comisaria de Competencia.

PREXUDICIAL PARA OUTROS PAÍSES?

A continuación recalcou que o investimento público "é importante para fomentar o crecemento económico das rexións desfavorecidas en Europa", pero que o labor de Bruxelas é "evitar as competicións prexudiciais" entre os países do bloque comunitario. Agora tratarán de esclarecer se esas axudas e o proxecto de investimento puideron prexudicar a unha rexión europea máis necesitada.


Do mesmo xeito, a Comisión dubida de que a contribución sexa fundamental para o desenvolvemento rexional, así como se du idoneidade e proporcionalidade. Tampouco descarta que teña efectos negativos na competencia de determinados segmentos do mercado de turismos ou se o proceso de innovación da planta sexa suficientemente innovador como para que se axuste ás normas que permiten solicitar as axudas. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE