Os robots de ‘Crea R’ desembarcan en Viveiro

Os talleres de robótica do operador galego de telefonía chegan á Mariña lucense xunto a charlas didácticas sobre o bo uso da internet e redes sociais.


|

Os talleres de robótica do operador galego de telefonía chegan á Mariña lucense xunto a charlas didácticas sobre o bo uso da internet e redes sociais.


R encounter


Celebración do 'Technium R Encounter'


Viveiro acollerá esta fin de semana unha nova xornada dos talleres de robótica e charlas didácticas do programa ‘Crea R’, que desembarca na Mariña co obxectivo de ensinar aos máis pequenos o correcto uso da internet e as redes sociais e os beneficios das novas tecnoloxías se se fai un bo uso delas.


Os talleres de robótica, dirixidos aos pequenos de entre 7 e 12 anos celebraranse de 11 a 13 horas na Casa do Concello de Viveiro. Alí poñerán desenvolver a súa creatividade e o traballo en equipo a través da construción dunha cidade no proxecto de programación.

Os pequenos deixan de ser meros consumidores pasivos de tecnoloxía e botan man dela para crear e aprender”, sinalan desde ‘R’, onde ademais “conta coa bagaxe do método educativo de ‘Líbolis, Pequenos Emprendedores’, a única escola de emprendemento da nosa comunidade”.



Con todo, este espazo non está só destinado aos nenos. Os pais e titores tamén poderán escoitar os consellos dun pedagogo especializado que responderá a todas as dúbidas sobre a educación que reciben os mozos ao redor de todo o que ofrecen as novas tecnoloxías. A idade á que deben ter o seu primeiro móbil os máis pequenos, os perigos que entrañan as redes sociais ou o tempo de exposición ante as pantallas son algunhas das cuestións máis consultadas cos educadores e expertos de ‘Sherpa Dixital’.


A entrada é gratuíta e sen restricións. Tan só hai que encher un formulario para conseguir as entradas, dispoñibles ata se que cubra o espazo dispoñible.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE