​As plantacións de piñeiro en Galicia collen forza despois de anos de crises

Finsa anunciou unha subida para partir do 1 de xullo, proxectando que esa madeira estará destinada a usos de maior valor engadido.


|

Finsa anunciou unha subida para partir do 1 de xullo, proxectando que esa madeira estará destinada a usos de maior valor engadido.


Madeira piñeiro



Os montes galegos recuperasen o piñeiro, xa non só como un valor ecolóxico da flora do país, senón como un valor na economía de Galicia. O anuncio de José Carballo, Conselleiro Delegado de Finsa, da subida no prezo da madeira do piñeiro de calidade a partir do 1 de xullo pon en valor ás coníferas, que se viron moi afectadas co inicio da crise en 2008.


A empresa madeireira tamén anunciou que esa madeira de calidade destinarase a usos de maior valor engadido. Isto supón que o piñeiro volve estar á alza, despois de que nos últimos anos fose remplazado na maioría de plantacións polo eucalipto, máis demandado pola industria forestal e madeireira.


PREZOS

No anuncio de Finsa recalcouse que a empresa pagará 95-100 euros “por metro cúbico de piñeiro de calidade posto en fábrica con cortiza”. Así, estipúlase que a madeira debe ser de calidade, recta, limpa, sen nós, sen resina, cun diámetro mínimo de 40 centímetros e en lotes de, polo menos, 30 toneladas.


Isto representa un aumento para os propietarios de polo menos un 50% na madeira de calidade, algo que foi moi ben recibido pola Asociación Forestal de Galicia, que agora espera que os serradoiros galegos sómense a esta demanda do prezo do piñeiro, que sen dúbida provocará a súa recuperación nos montes galegos, onde perdera todo o protagonismo fronte a especies invasoras. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE