empleo

Alcampo di que busca 110 traballadores en Galicia para o emprego de Nadal
Para postos de reposición, vendas e caixas nos seus hipermercados e supermercados
Talentia Summit, foro de emprego cun centenar de empresas
Un centenar de empresas participarán do 21 ao 23 de outubro no Talentia Summit 2019, un foro sobre a xestión e o desenvolvemento do talento e o emprego que prevé reunir en Santiago á ministra de Economía en funcións, Nadia Calviño, e a destacadas personalidades do mundo empresarial.
Pontevedra aumentará a súa oferta de emprego público para reducir a temporalidade ao 8%
O Concello de Pontevedra completará o persoal dos distintos servizos. A concelleira de Persoal, Carme Fouces, explicou este mércores en rolda de prensa que iso representa unha directriz que trasladou o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores no seu discurso de investidura, e que segue o Servizo de Persoal desde o verán para conseguir baixar a taxa de temporalidade ao 8%.
A Xunta anuncia oposicións para cubrir 600 prazas, a maioría de emprego social e veterinaria
O Goberno galego espera convocar os primeiros exames en 2020 tras trasladalas aos órganos de representación sindical
PSA Citroën Vigo promete contratar 600 traballadores máis en novembro para o novo Peugeot 2008

A fábrica, que leva meses de tensións laborais ante a denunciada sobrecarga laboral, enfróntase ao reto de sacar antes de final de ano os primeiros coches do novo todocamiño, que terá versión 100% eléctrica A planta de PSA Peugeot Citroën Opel en Vigo ultima a contratación de 1.200 operarios que se incorporarán nos próximos meses, co fin de poder desenvolver a industrialización do novo modelo, o Peugeot 2008, segundo trasladou a dirección da fábrica aos sindicatos este martes, na reunión da Comisión de Emprego da factoría, e segundo anunciara a empresa cando presentou o novo vehículo.

Agosto deixa case 3.000 parados máis en Galicia e mantense por encima dos 150.000 desempregados
Os demandantes de emprego non ocupados son 2.626 máis que en xullo (+1,61%) pero 10.777 menos que o mesmo mes de 2018 (-6,12%)
Ofertas de traballo: Reganosa busca 10 enxeñeiros
Reganosa iniciou este mércores un proceso de captación de persoal para incorporar ao seu persoal a dez enxeñeiros recentemente titulados, segundo informou a multinacional galega de enerxía nun comunicado.
Principio de acordo entre Alcoa e Parter para a venda das plantas; o ERE amplíase ata o 31 de xullo

Alcoa e Parter alcanzaron este luns un principio de acordo para a venda das plantas da Coruña e Avilés, á vez que se amplía de novo o proceso do ERE ata o 31 de xullo co fin de poder selar o visto e prace. Tras este principio de acordo que reconduce a situación, volverá convocar aos traballadores o vindeiro mércores para presentarlles o borrador do texto que se rubricará a final do proceso de venda. "Non imos bendicir ningún proceso no que non participamos", avisan os traballadores.  

A Semana Santa impulsa a caída do paro en Galicia
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 4.615 persoas en abril en Galicia, o que supón un descenso do 2,7% en relación co mes anterior, case igual ao da media (-2,8%). 
A manifestación central de UXT e CC.OO.en Galicia o 1 de maio será na Coruña
Poñerán sobre a mesa ese día o seu decálogo "imprescindible" de reivindicacións, coa manifestación central na Coruña
A cooperativa agraria Copagro anuncia o seu peche "no seu mellor momento"
A Unión Sindical Obreira (USO) denunciou este martes que a cooperativa agraria Copagro, situada en Valdoviño, na comarca de Ferrol, presentou un ERE de extinción para os seus 16 traballadores "no seu mellor momento".
40 novos postos de traballo nun proxecto de empresas de automoción
Un proxecto singular promovido pola Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) no parque da Veigadaña de Mos (Pontevedra), e que supoñería un investimento directo de 8 millóns de euros por parte das empresas implicadas, aspira a xerar 42 novos empregos.
A produtora de Celda 211 busca figurantes para nova serie que se emitirá en toda España

Vaca Films é unha das produtoras audiovisuais máis exitosas en España. Resposable de taquillazos como Cela 211 ou A Sombra da Lei, agora lánzase á contratación de extras para un novo proxecto mediante audicións en dez localidades de Galicia.

Galicia volve superar o millón de cotizantes

O avance do 0,71% é lixeiramente inferior ao da media española, aínda que a Seguridade Social gañou 7.094 afiliados o pasado mes. 

"Vodafone ten fácil levar o traballo a Colombia, con dereito a sermos atendidos en galego o ERTE de Bosch afectaría menos"

A presidenta do comité de empresa de Bosch-Vigo, Laura Pérez Figueroa, atende a Galiciapress para debullar as causas do ERTE e denunciar a negativa da empresa para recolocar aos traballadores afectados noutros departamentos a pesar da existente carga de traballo.

Aprobado o subsidio para parados aos 52 anos e o rexistro horario nas empresas

O goberno central aproba as dúas iniciativas sociais, rebaixando en tres anos o subsidio.

2018 deixou 15.718 parados menos en Galicia

A comunidade galega sitúase en 169.295 desempregados, cunha diminución do 8,5%, un ritmo por encima da media nacional. 

O ano deixa en Galicia máis emprego indefinido e menos temporal

A comunidade galega é unha das catro nas que sobe o emprego asalariado indefinido no último ano mentres baixa o temporal, segundo o VI Monitor Adecco de Ocupación en Galicia.

A deputación anuncia que contratará novo persoal temporal

A Deputación de Ourense anunciou as bases reguladoras parala contratación de persoal temporal ou funcionario interino para varios servizos

Galicia foi a comunidade con menos creación de empresas en agosto

O número de novas sociedades mercantís baixou un 20,7% en agosto en Galicia respecto ao mesmo mes do ano anterior, ata sumar 237 empresas, a máis baixa do Estado. Ao seu vezlas disolucións reducíronse un 17,3%.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE