O Black Friday xa xera máis emprego que a campaña das rebaixas de Xaneiro

Descoñecido ata hai uns anos en Galicia, o Black Friday e o Cyber Monday son xa dúas realidades incuestionables na economía galega. De feito, son moitos os comercios e cadeas de distribución que buscan traballadores para esta tempada. Máis de 8.000 empregos crearanse no país a rebufo destas modas, segundo un estudo dunha ETT.


|

Descoñecidos ata hai uns anos en Galicia, o Black Friday e o Cyber Monday son xa dúas realidades incuestionables na economía galega. De feito, son moitos os comercios e cadeas de distribución que buscan traballadores para esta tempada. Máis de 8.000 empregos crearanse no país a rebufo destas modas, segundo un estudo dunha ETT.


O adianto das compras do Nadal aproveitando os descontos destes días que veñen e a liberalización de horarios comerciais e de períodos oficiais de rebaixas fan que ao final deste mes repunte o consumo e, por tanto, haxa que dar maiores servizos aos clientes.


Blackfridaycompras


Todo isto transfórmase desde hai algúns anos no adianto das contratacións para a campaña de Nadal .


CRECEMENTO DO EMPELO SUPERIOR Ao 5 POR CENTO

Unha das grandes firmas de traballo temporal en España, Adecco, calcula que nestas últimas semanas do mes e vinculados aos descontos do Black Friday, xérense máis de 201.000 contratos en Españ, o que supón un 7,5% máis que un ano atrás- Para Galicia estima 8.300, un crecemento de un 5,2% interanual, o sexto maior i entre todas as comunidades.


Tal é a importancia destas datas que xa se xeran máis contratacións para esta campaña que para a propia das rebaixas de xaneiro, moito máis asentada no noso país e con anos de tradición (110.000 contratos novos xeráronse na campaña de rebaixas de xaneiro de 2019).


Un ano máis, serán os sectores vinculados ao gran consumo e a súa industria auxiliar (englobando alta perfumería, cosmética, electrónica, telefonía, xoguetería, imaxe, son, etc.), a alimentación, a distribución, o retail, a loxística, o transporte e a industria téxtil, entre outros, os que máis emprego xerarán nestas datas.


Ademais, aínda que a campaña sexa de curta duración, moitas destas contratacións ampliaranse a todo o período de contratación do Nadal e mesmo rebaixas.


En canto ao perfil máis buscado será o de comercial –promotores, azafatas de imaxe, teleoperadores ou dependentes- durante esta próxima campaña.


As autonomías onde se esperan maiores incrementos en canto á contratación de persoal son aquelas onde hai grandes loxísticos e operadores de e-commerce, así como rexións onde o gran consumo é un negocio core (centralización de grandes superficies comerciais, de distribución, etc.).


DATOS POR PROVINCIAS

Se vemos en detalle as contratacións que se esperan facer na autonomía galega durante esta campaña, Pontevedra liderará as cifras. Nela concentraranse máis de 4.000 empregos, un 6% máis interanual (o maior incremento na rexión). A Coruña seguiralle moi de preto, con máis de 3.700 novos empregos e unha mellora dun 5% con respecto a 2018.


Con todo, as outras dúas provincias galegas non alcanzarán nin o medio milleiro de contratos, en Lugo espéranse preto de 415 empregos que supoñen un 2% máis con respecto a 2018, e en Ourense algo máis de 200 novos contratos e un 1% máis interanual. 


QUE PERFÍS BUSCAN OS EMPREGADORES?

A demanda de perfís no sector gran consumo -alta perfumería e cosmética, electrónica, xoguetería, imaxe e son e a industria téxtil- dispárase e aumentan as ofertas para aqueles perfís vinculados á atención ao cliente e a forza de vendas.


Os máis demandados volven ser os promotores, dependentes e comerciais, cuxo obxectivo é promocionar produtos e marcas de primeiro nivel no sector cosmético e tecnolóxico, de telefonía móbil, etc. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE