PSA Citroën Vigo promete contratar 600 traballadores máis en novembro para o novo Peugeot 2008
A fábrica, que leva meses de tensións laborais ante a denunciada sobrecarga laboral, enfróntase ao reto de sacar antes de final de ano os primeiros coches do novo todocamiño, que terá versión 100% eléctrica A planta de PSA Peugeot Citroën Opel en Vigo ultima a contratación de 1.200 operarios que se incorporarán nos próximos meses, co fin de poder desenvolver a industrialización do novo modelo, o Peugeot 2008, segundo trasladou a dirección da fábrica aos sindicatos este martes, na reunión da Comisión de Emprego da factoría, e segundo anunciara a empresa cando presentou o novo vehículo.
A fábrica, que leva meses de tensións laborais ante a denunciada sobrecarga laboral, enfróntase ao reto de sacar antes de final de ano os primeiros coches do novo todocamiño, que terá versión 100% eléctrica
A planta de PSA Peugeot Citroën Opel en Vigo ultima a contratación de 1.200 operarios que se incorporarán nos próximos meses, co fin de poder desenvolver a industrialización do novo modelo, o Peugeot 2008, segundo trasladou a dirección da fábrica aos sindicatos este martes, na reunión da Comisión de Emprego da factoría, e segundo anunciara a empresa cando presentou o novo vehículo.
XA HAI 600 NOVOS TRABALLADORES EN FORMACIÓN
Así, a previsión de PSA Vigo é que, en outubro, poñerase en marcha un segundo equipo na liña M1 (que monta tamén os modelos C-Elysée e Peugeot 301), formado por uns 600 operarios, algúns dos cales xa foron contratados e están a ser formados.
A partir de aí, e co aumento da cadencia de produción do novo vehículo, está prevista a ampliación da actividade a unha terceira quenda, a quenda de noite, cuxas contratacións (outros 600 empregados) iniciaranse en noviembre, coa previsión de que se incorporen á produción a principios do ano que vén.
A MODA DOS TODOCAMINOS CON VERSIÓN ELÉCTRICA
O Peugeot 2008 é un "todocamino" que terá versión térmica (diésel e gasolina) e versión 100 % eléctrica. As primeiras, sairán ao mercado a finais de 2019, e a versión eléctrica farao a comezos do ano que vén.
A planta viguesa xa está a fabricar as pre-series deste modelo e en outubro iniciarase a produción en serie, aumentando a cadencia progresivamente, ata alcanzar o máximo de capacidade da liña. Durante a presentación en sociedade do novo modelo, en xuño pasado, o director da fábrica, Ignacio Bo, avanzou que se prevé chegar ás 640 unidades diarias.
Este SUV compacto, que tamén se producirá en Wuhan (China) para o mercado asiático, constrúese sobre a nova plataforma modular multienergía CMP, que permite producir as tres versións de motorización na mesma liña de montaxe.
Escribe o teu comentario