Viaqua aposta por "rescatar talento" coa formación de once novos
En colaboración coa Fundación Princesa de Xirona (FPdGi), Viaqua trae a Galicia a once novos procedentes de distintos puntos de España a participar no programa formativo 'Rescatadores de talento'.
En colaboración coa Fundación Princesa de Xirona (FPdGi), Viaqua trae a Galicia a once novos procedentes de distintos puntos de España a participar no programa formativo 'Rescatadores de talento'.
Os participantes nas xornadas formativas
Once mozos e mozas chegados de distintas zonas de España atópanse en Santiago de Compostela da man de Viaqua, que por medio do proxecto 'Rescatadores de talento' busca axudar a estes mozos para potenciar a súa formación e achegarlles un pouco máis a atopar un traballo no sector para o que estudaron.
Ao longo de dúas xornadas, os empelados de Viaqua e Cetaqua compartiron experiencia e coñecementos sobre a xestión do ciclo integral da auga, a innovación e investigación no sector. Durante este tempo, os participantes do proxecto estiveron nos laboratorios da Unidade Mixta CIGAT, formada por VIAQUA, CETAQUA e GAIN, así como na ETAP do Tambre e a EDAR de Aríns.
.Finaliza o #CentroDeDesarrollo de #RescatadoresDeTalento @suezES e @Viaqua 👌
— FPdGi (@FPdGi) October 9, 2019
Un grupo de mozos de diferentes comunidades autónomas aprendeu como funciona o #CicloIntegralDelAgua 💧grazas a esta #formación exclusiva 📚
Inscríbeche no programa ➡ https://t.co/JQgEE7E9Hx pic.twitter.com/X35asDQJMJ
Ademais, estes días serviron para que os mozos tomasen un primeiro contacto co mundo laboral, con simulacións de entrevistas profesionais, dinámicas de grupo e un debate no que resolveron as súas dúbidas ao redor dos procesos de selección. Do mesmo xeito, os traballadores que acompañaron aos mozos explicaron os métodos da empresa para cumprir co seu compromiso para a Axenda 2030 de Nacións Unidas a alcanzar os ODS coa súa actividade.
Escribe o teu comentario