empleo

As actividades económicas non esenciais regresarán unha vez termine a Semana Santa
O Goberno non prorrogará a paralización das actividades non esenciais máis aló do período para o que se decretou, que conclúe o próximo 9 de abril, co que estas actividades poderán retomarse tras os días festivos da Semana Santa, segundo anunciou o presidente do Executivo, Pedro Sánchez.
O coronavirus nótase nas oficinas de emprego galegas con 8.252 parados máis en marzo
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) aumentou en 8.252 en Galicia en marzo en relación co mes anterior, o que supón un incremento do 4,96%.
Récord de subida de paro: 302.000 parados novos nun só mes polo coronavirus

Catalunya crece en 21.883 persoas máis en marzo, superando sobradamente o número de parados de febreiro, aínda que esta cifra aínda non recolle os miles de expedientes de regulación de emprego.

O ERTE anunciado por Primark golpeará aos establecemento de Cancelas e Marineda en Santiago e A Coruña

Primark notificou aos sindicatos o inicio dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) por forza maior e de carácter temporal en España, onde conta cun persoal que supera os 7.000 empregados, o que supón o 98% dos seus traballadores, tras o peche de todas as súas tendas despois de decretarse o estado de alarma en España para loitar contra a propagación do coronavirus. En Galicia, conta con dous establecementos en Santiago e A Coruña.

A liberdade de horario para comercios decretada pola Xunta "vai en contra da saúde", denuncia CCOO

A Federación de Servizo CCOO de Galicia considerou "inapropiada e inadecuada" a resolución da Xunta sobre a liberdade horaria de establecementos de primeira necesidade publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 15 de marzo por considerar que "vai en contra da saúde".

A Xunta cifra en máis de 8.000 os ERTEs en Galicia con máis de 45.000 traballadores afectados
O número de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) non deixan de crecer en Galicia desde o comezo do estado de alarma pola pandemia do coronavirus e xa suman un total de 8.276, con 45.440 traballadores afectados.
​Traballadores da Xunta demandan ao Goberno de Feijóo máis protección para os seus empregados ante o coronavirus

Desde a CIG, sindicato con máis presenza entre os empregados da administración galega, piden á Xunta a reunión cos Comités de Seguridade e Saúde Laboral e a posta en marcha de medidas, como poñer ao dispor do persoa xel desinfectante, mellorar os sistemas de ventilación ou implantar o teletraballo na medida do posible. 

Endesa mantén as probas con biocombustibles nas Pontes, pero xa teoriza cun peche para 2021
Segue con probas de biocombustibles, e presenta un plan de 1.505 MW renovables e 1.581 millóns de investimento en Galicia para substituír a central
Galicia rexistra a súa maior subida de afiliados á Seguridade Sociais desde 2008

A Seguridade Social pechou febreiro cunha subida media de 5.848 afiliados (+0,58%) en comparación co mes de xaneiro, ata situar o total de cotizantes 1.012.354 persoas. Este avance na Comunidade galega, que rexistra o mellor febreiro desde 2008, é algo superior á media estatal (+0,4%).

​A ferrolá Yolanda Díaz pon punto e final aos despedimentos por baixas médicas

Como xa anunciara a semana pasada, o Ministerio de Traballo bota abaixo o artigo '52.d' do Estatuto de Traballadores, unha medida que será efectiva a partir de mañá e que poñerá fin aos despedimentos por baixas médicas acumuladas e xustificadas.

​Os traballadores do Corte Inglés quedan sen dúas pagas anuais

A compañía tomou a medida de suprimir dúas pagas anuais, o que supón un cambio no método de remuneración que ata o de agora viña percibindo o persoal da cadea de grandes almacéns.

​O Goberno poñerá fin aos despedimentos por baixas médicas a semana próxima

Foi a ministra ferrolá Yolanda Díaz a que confirmou a noticia. A próxima reunión do Consello de Ministros virará ao redor desta medida para derrogar o artigo do Estatuto dos Traballadores que, ata o de agora, permite o despedimento por baixas médicas.

Compromiso da Xunta para salvar o emprego en Isidro 1952 coa procura de "posibles investidores"

Os traballadores reclaman que se retire o ERE e abónense os salarios que se deben desde novembro. Mentres, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, garantirá que a Xunta traballará para "identificar posibles investidores" e "dar viabilidade" a Isidro 1952.

Os datos do paro en Galicia poñen en alerta aos sindicatos, que advirten dunha "desaceleración" na creación de emprego

Os sindicatos maioritarios en Galicia --UXT, CC.OO. e CIG-- alertaron de que os datos da EPA de 2019, coñecidos este martes, reflicten a "desaceleración" da actividade económica, cunha caída do paro (de 2.300 persoas) na Comunidade "catro veces menos" que en 2018.

O Black Friday xa xera máis emprego que a campaña das rebaixas de Xaneiro

Descoñecido ata hai uns anos en Galicia, o Black Friday e o Cyber Monday son xa dúas realidades incuestionables na economía galega. De feito, son moitos os comercios e cadeas de distribución que buscan traballadores para esta tempada. Máis de 8.000 empregos crearanse no país a rebufo destas modas, segundo un estudo dunha ETT.

​R nega fuga de empregos desde Galicia pero hai "anuncios de traballo de Euskaltel buscando galegofalantes en Euskadi"

A plataforma 'Traballador@s de R' atende a Galiciapress para profundar na deslocalización dos servizos que trouxo consigo a venda da empresa de telefonía R á compañía Euskaltel. Case un milleiro e medio de traballadores en Galicia dependen de R, entre subcontratas e traballadores propios, polo que desde o colectivo demandan á Xunta máis implicación para salvar estes postos de emprego. Ademais, a deslocalización de servizos significa unha "importante perda de calidade para os clientes".

Adecco cifra en case 50.000 os empregos que creará o Nadal en Galicia
Adecco e a súa división Adecco Outsourcing esperan que, a pesar da "incerteza política" e das advertencias sobre unha desaceleración económica, a campaña de Nadal sexa positiva en Galicia e cre preto de 48.800 contratos, un 7,3% máis que o ano anterior.
​Viaqua aposta por "rescatar talento" coa formación de once novos

En colaboración coa Fundación Princesa de Xirona (FPdGi), Viaqua trae a Galicia a once novos procedentes de distintos puntos de España a participar no programa formativo 'Rescatadores de talento'. 

As subidas do paro e das afiliacións en setembro confirman que a economía se arrefría

O número de cotizantes á Seguridade Social resiste, pero crece ao ritmo máis leve desde 2013, cando aínda estabamos en crise. O dato do paro mostra tamén un aumento limitado a nivel estatal (+0,4 en España), a menor subida dede fai quince anos, pero importante a nivel galego (+2,06%). Son indicadores de que a economía aínda non entrou en recesión, pero mostra cada vez máis síntomas de estancamento.

Alcampo di que busca 110 traballadores en Galicia para o emprego de Nadal
Para postos de reposición, vendas e caixas nos seus hipermercados e supermercados

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE