​Traballadores da Xunta demandan ao Goberno de Feijóo máis protección para os seus empregados ante o coronavirus

Desde a CIG, sindicato con máis presenza entre os empregados da administración galega, piden á Xunta a reunión cos Comités de Seguridade e Saúde Laboral e a posta en marcha de medidas, como poñer ao dispor do persoa xel desinfectante, mellorar os sistemas de ventilación ou implantar o teletraballo na medida do posible. 


|

Desde a CIG, sindicato con máis presenza entre os empregados da administración galega, piden á Xunta a reunión cos Comités de Seguridade e Saúde Laboral e a posta en marcha de medidas, como poñer ao dispor do persoa xel desinfectante, mellorar os sistemas de ventilación ou implantar o teletraballo na medida do posible.


San caetano

Os traballadores da Xunta demandan medidas de protección contra o coronavirus


Os empregados da Xunta manifestaron publicamente o seu malestar pola pouca atención que o Goberno de Galicia está a prestarlles neste momento de crise sanitaria provocada polo coronavirus. Por medio dunha nota da CIG, sindicato maioritario entre os traballadores da administración xeral da Xunta, os afectados denuncian que a Xunta “nin co tema do coronavirus quere reunirse a tempo” cos Comités de Seguridade e Saúde Laboral, algo que equipara ao tema do radon, un tema do que o executivo galego mostrou no seu día  “un deixamento fóra do normal”, segundo sinala a CIG.


“O día 5 de marzo 2020 solicitamos a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Intercentros para acordar a implantación de medidas de prevención de riscos ante a infección do COVID 19 no ámbito laboral do Xunta de Galicia. A resposta da Xunta foi convocarnos para o día 17 de marzo”, advirten desde CIG. Na mesma liña, comentan que aínda hoxe “a Xunta non implantou medidas específicas de protección fronte este virus infeccioso nos centros de traballo”, polo que apreman ao Goberno autonómico a convocar aos comités e realizar unha avaliación conxunta para poñer en marcha medidas.


PROPOSTAS

Á espera de que se apliquen medidas e seguindo os protocolos adoptados polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, “do que forman parte o Ministerio de Sanidade e as CCAA”, a CIG propón unha serie de recomendacións para facer fronte ao virus.

Entre as súas propostas, o sindicato destaca a implantación do teletraballo “en todos os postos que sexa posible e aumentar de maneira inmediata as xornadas a aqueles que xa o teñen”, así como "flexibilidade horaria sen límite e quendas”  co fin de reducir as concentracións de empregados.


Ademais, propón que as reunións se realicen por videoconferencia, facilitar a conciliación aos empregados con nenos ou que estean ao cargo de persoas maiores ou enfermos, en vistas do previsible peche de escolas e centros de día, e medidas específicas (permiso retibuido) para enfermos crónicos, inmunodeprimidos ou con patoloxías previas, así como mulleres embarazadas.


Doutra banda, desde a CIG tamén reclaman “medidas organizativas e materiais”, como xeles desinfectantes ou a mellora dos sistemas de ventilación “para minimizar o risco de contaxio”. Tamén piden “medidas específicas para os centros onde hai atención a persoas usuarias con facilidade infección como pode ser as escolas infantís e residencias de maiores, os edificios administrativos onde traballan centos de empregadas públicas ou aqueles servizos de atención ao público de gran actividade, como son as oficinas de emprego, as agrarias comarcais, turismo, os rexistros, servizos de información…”. Por último, tamén considera que a infección do coronavirus debería ser considerada “accidente laboral”.


“Este deber da Xunta, como responsable da protección do seu persoal, vén perfectamente definido na normativa de aplicación e implica que debe garantir a seguridade e a saúde das persoas traballadoras ao seu servizo en todos os aspectos relacionados co traballo baixo o seu ámbito de dirección”, conclúe a nota, lembrando á súa vez a necesidade de reunir aos Comités de Seguridade e Saúde Laboral canto antes. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE