A dirección de Recursos Humano da compañía informou os seus empregados que desde Traballo non atoparon motivos para declarar a “forza maior” no expediente da empresa, algo que xa denunciaron desde a Coordinadora Sindical de Clase (CSC).
A portavoz do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero, indicou este martes que o permiso retribuído recuperable aprobado polo Executivo para a restrición das actividades non esenciais conclúe este mércores, en véspera dos días festivos de Semana Santa, polo que se recuperará a "normalidade laboral" o luns, e avanzou que se traballa en "distintos escenarios" para a seguinte fase de "desescalada" das medidas de confinamento.
Cando Yanis Varoufakis apelaba ao que pasa por ser un dos principios da Unión Europea, a solidariedade entre estados, a socialdemocracia europea aliñada cos liberal-conservadores contestoulle que NEIN.
O Ministerio de Traballo reprocha á Xunta de Galicia que non colabore co Goberno de España cos datos dos Expedientes Temporais de Regulación de Emprego. Andalucía, Canarias e Galicia as tres CCAA sinaladas por Yonlanda Díaz.
Á primeira a disloca, na medida que os peches suspenden de raíz a subministración de bens comerciais e as compras en moitos segmentos, afectando directamente as cadeas globais de valor.
O Centro de Coordinación Operativa (Cecop) constituído en Galicia durante o estado de emerxencia sanitaria polo coronavirus aprobou que os vehículos conten con máis dun ocupante naqueles desprazamentos por motivos de traballo dos sectores que poden manter a súa actividade, pero "sempre que se garanta a seguridade laboral" das persoas.
Bruxelas propuxo a suspensión temporal da aplicación o Pacto de Estabilidade e Comercio. Isto significa que as regras ás que se someten os países da Unión en materia de fiscalidade comunitaria quedan temporalmente anuladas, o que abre a porta a que os gobernos poidan elevar o seu gasto público.
A pandemia pillou ao Goberno de Galicia no medio dos preparativos do Ano Santo, que promete ser o máis importante da historia de Galicia polo volume de turistas e de proxección internacional, e co pé cambiado, ao non ter a punto a xoia da coroa: a Catedral de Santiago.
Encorsetada nuns ríxidos tratados que xa mostraron a súa inadecuación para superar primeiro a crise financeira do 2008 e logo a posterior recesión, a Unión Europea segue sen dar os pasos necesarios cara a ser quen de actuar como unha auténtica unión para así facer fronte con garantías tanto a reto do coronavirus como á nova crise que se nos vén encima e que acelera o seu impacto por mor da pandemia. Unha actuación cada día máis urxente se quere seguir sendo unha unión e con peso na actual economía mundo capitalista.
Inditex asegurou que preservará todos os postos de traballo ante a situación xerada polo coronavirus, á vez que está a poñer ao dispor do Goberno toda a súa rede loxística e de provedores para incorporar material sanitario e de primeira necesidade hospitalaria.