A 'tarxeta moedeiro' para familias en situación de vulnerabilidade poderá solicitarse a partir deste mes

A chamada 'tarxeta moedeiro' da Xunta, destinada a atender a compra de alimentos, produtos de hixiene e necesidades básicas das familias máis vulnerables, poderá solicitarse a partir deste mes, e o Goberno galego ha pedido a colaboración das entidades de inclusión social para difundir esta medida e outra serie de iniciativas neste sentido.

|

A chamada 'tarxeta moedeiro' da Xunta, destinada a atender a compra de alimentos, produtos de hixiene e necesidades básicas das familias máis vulnerables, poderá solicitarse a partir deste mes, e o Goberno galego ha pedido a colaboración das entidades de inclusión social para difundir esta medida e outra serie de iniciativas neste sentido.


As conselleiras Fabiola García e Ángeles Vázquez


Así llo trasladou a conselleira de Política Social, Fabiola García, e a titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante un encontro con diversos portavoces destes colectivos.

Fabiola García pediu o apoio a estas entidades para difundir esta medida entre os seus destinatarios. O cálculo da Xunta é que podería chegar a unhas 30.000 persoas.

Ademais desta iniciativa, referiuse aos menús solidarios para persoas con baixos recursos e a ampliación doutros servizos como 'Xantar na casa'.

Vázquez, pola súa banda, explicou os catro programas de axuda ao pago de vivenda, para evitar a perda do fogar, que contarían con preto de 8.000 beneficiarios, cun orzamento duns 20 millóns de euros.

En concreto, as axudas ao aluguer para persoas en situación vulnerable debido á COVID-19, as axudas ao aluguer, o bono de Aluguer Social ou o destinado a vítimas de violencia machista.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE