A Comisión Europea, en prol de evitar máis casos como o de AstraZeneca, puxo en marcha o mecanismo de control de exportacións de vacinas, unha ferramenta que lle permitirá bloquear a saída de doses producidas en bloque se unha farmacéutica coa que previamente chegase a un acordo queira vender os seus fármacos a terceiros.
IFM Global Infraestructure Fund, un fondo investidor asesorado por IFM Investors, pretende adquirir ao redor dunha cuarta parte do accionariado de Naturgy Energy Group por un valor superior aos 5.000 millóns de euros. En concreto, IFM busca facerse co 22,69% do accionariado, o que se traduce en 220 millóns de accións.
Antes de que a Mesa de Análise de Resultados se reuna este martes, Ricardo Casas, vicepresidente do comité de empresa, explica para Galiciapress os pormenores das trabas que segundo a compañía energetica, conducen ao peche da planta. Uns impedimentos emendables, cando non directamente "falsos", ou directamente presentados como excepcionais cando estes xa existían durante a época do carbón. A pesar de todo, o peche agora empuxa ao éxodo a toda unha comarca.
A plataforma ‘Galiza Un Futuro Sen Carbón’ indica que o peche das Pontes, sumado ao de Meirama, supón “un enorme avance na descarbonización do sistema eléctrico galego”.
Ás críticas do alcalde das Pontes, o socialista Valentín González Formoso, súmase agora María Pena Purriños, concelleira de Industria, que nesta entrevista para Galiciapress reprocha a Endesa a súa actitude tras saltarse os procedementos pactados e pide á Xunta que teña moi presente a situación do municipio e da comarca para os proxectos tractores sobre os que virará a economía galega nas próximas décadas.
A decisión dalgúns concellos de prohibir os mercados labregos nesta terceira onda espertou o enfado dos pequenos agricultores, que a través do Sindicato Labrego Galego puxéronse ao choio para tentar salvar o seu medio de vida.