​As xuntas de CaixaBank e Bankia aproban a fusión para crear o maior banco de España


As dúas entidades bancarias superaron o trámite de gozar do visto e prace dos accionistas para poder cristalizar a súa fusión. Agora, faltarían aínda as luces verdes do Banco de España, o Ministerio de Economía, a Comisión da Competencia e o BCE. O acordo supoñería dar servizo a 20 millóns de clientes.


|

As dúas entidades bancarias superaron o trámite de gozar do visto e prace dos accionistas para poder cristalizar a súa fusión. Agora, faltarían aínda as luces verdes do Banco de España, o Ministerio de Economía, a Comisión da Competencia e o BCE. O acordo supoñería dar servizo a 20 millóns de clientes.


Caixabank bankia



A alianza de CaixaBank e Bankia daría lugar á nova CaixaBank, que recollería un volume de activos por encima dos 660.000 millóns de euros. Ademais, a unión contaría con preto de 52.000 empregados e presenza en máis de 2.200 localidades.


O martes os accionistas de Bankia aceptaron o acordo e este xoves, durante a teunión extraordinaria, os de CaixaBank fixeron o propio nun paso definitivo para a creación do maior banco de España, o que á súa vez significa un novo episodio na reestruturación da banca, un proceso que se acentuou por mor da crise da COVID.


Tanto José Ignacio Goirigolzarri, presidente de Bankia e da futura entidade, como Gonzalo Gortázar, conselleiro delegado de CaixaBank  -cargo que ocupará no novo banco-, trasladaron a intención que esta nova organización sexa non só a maior, senón tamén “a mellor” a nivel nacional.


Segue lendo a noticia en Catalunyapress.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE