José Manuel Díaz Barreiros renuncia a presidir a CEG só dous días despois de gañar as eleccións

O presidente da confederación de empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Díaz Barreiras, presentou a súa renuncia despois das "dúbidas manifestadas por asociados" que "poñen en dúbida a legalidade" das eleccións celebradas o pasado martes.

|

Sorpresa na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) despois de que José Manuel Díaz Barreiras anunciase a súa renuncia apenas 48 horas despois das eleccións. 


A decisión do empresario da confederación ourensá débese ás "dúbidas" que manifestaron membros da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Asime, Cece Galicia ou Cegasal.


O novo presidente da CEG, José Manuel Díaz Barreiros


O presidente da confederación de empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Díaz Barreiras, presentou a súa renuncia despois das "dúbidas manifestadas por asociados" que "poñen en dúbida a legalidade" das eleccións celebradas o pasado martes.

En concreto, os asociados que se dirixiron á secretaría da CEG "poñendo en dúbida a súa correcta celebración" son Asime, Cegasal, Cece Galicia e a CEP.

Díaz Barreiros accedeu á presidencia tras renunciar á súa candidatura o aspirante Pedro Rey Beira cinco minutos antes de iniciar a asemblea xeral electoral de forma presencial, pero unha vez que pechara xa a parte telemática e varios vogais emitiran o seu voto.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE