Alerta vermella en varios municipios de Ourense por máximas de 42ºC: Vilamartín de Valdeorras chega a 41.3ºC

Segundo adiantou esta semana a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Anxos Vázquez, esta é a primeira vez durante este verán que se alcanza este nivel de aviso, por temperaturas máximas e nunha zona e día concreto, porque se supera o limiar de 42ºC


|

Un hombre sujeta una colchoneta, a 5 de agosto de 2025, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España).
 


Un total de 27 municipios da provincia de Ourense, nas zonas de Valdeorras e o Miño, permanecen desde as 15.00 horas deste domingo até as 21.00 en alerta vermella metereológica, coa posibilidade de alcanzar temperaturas superiores aos 42ºC.

Segundo adiantou esta semana a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Anxos Vázquez, esta é a primeira vez durante este verán que se alcanza este nivel de aviso, por temperaturas máximas e nunha zona e día concreto, porque se supera o limiar de 42ºC.

No entanto, puntualizou que xa se deron avisos, dentro deste episodio de calor, desde o 30 de xullo, nalgunhas zonas de Galicia a nivel vermello para saúde pública, por temperaturas altas polo día e pola noite e pola súa duración. O plan de Sanidade mantén este domingo no máximo nivel a toda a provincia de Ourense e ao interior de Pontevedra.

As máximas temperaturas do día en Galicia recolléronse todas na provincia de Ourense: en Vilamartín de Valdeorras, estación da Portela, alcanzáronse 41.3ºC ás 16.40 horas; Verín, estación de Vilela, chegou a 40.2ºC ás 18.10 horas, e a cidade de Ourense alcanzou 40.1 ºC ás 17.50.

Ademais, outros lugares da Comunidade permanecen en nivel laranxa. Este é o caso do sur de Ourense e Lugo, que esperan temperaturas superiores aos 39ºC; o Miño de Pontevedra e a montaña de Lugo, onde os termómetros superarán os 37ºC, e o interior de Coruña --unicamente entre Santiago e Melide--, onde a temperatura roldará os 37ºC ou máis.

Ademais, no interior de Pontevedra, o centro de Lugo e o noroeste e a montaña de Ourense están no nivel amarelo por temperaturas por encima dos 36ºC. É o mesmo caso do noroeste da Coruña, onde puntualmente se chegará aos 34ºC.

SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE DEPORTIVA
Ao mesmo tempo, toda a provincia de Ourense e o interior de Pontevedra atópanse actualmente no nivel vermello de alerta dentro das actuacións establecidas para paliar os efectos sobre a saúde. Ademais, a montaña de Lugo está no nivel laranxa.

En todas estas zonas, a Xunta determinou a suspensión da actividade deportiva federada no exterior até a 21.00 horas deste domingo. Quedan permitidas as actividades acuáticas, coa recomendación de que non se realicen nas horas centrais do día, é dicir, de 12.00 a 17.00 horas.

O interior de Pontevedra comprende as localidades de Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Na montaña de Lugo, a alerta afecto a Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE