A Asociación Hostalería Compostela atende a Galiciapress para trasladar o malestar dun sector ao bordo do KO técnico. Con axudas insuficientes dunha administración que deixa de lado á plataforma, critican de “ridículas” as medidas que se aplican a outros sectores mentres se castiga con dureza aos hostaleiros. Ademais, advirten que o Xacobeo tampouco rescatará aos negocios: “Deberían destinar os recursos previstos para a promoción do Xacobeo a salvar as empresas e os postos de traballo”.
O plan, que leva a cabo Cetaqua Galicia, o centro tecnolóxico asociado a Viaqua, está baseado nun innovador modelo circular para a xestión de residuos orgánicos.
Ricardo Casas, vicepresidente do comité de empresa da central térmica das Pontes, atende a Galiciapress para profundar na realidade da factoría, que a día de hoxe subsiste cun persoal mermado e coa ameaza de despedimentos que pesa tanto sobre a central como sobre as empresas auxiliares. As alternativas industriais na zona, a tan ansiada transición enerxética xusta ou futuras protestas son outros dos temas desta conversación.
O comité de empresa da central térmica das Pontes denuncia unha vez máis os movementos de Endesa na planta e acusa á dirección de acometer un “desmantelamento camuflado”.
Os sectores do comercio e a hostalería, dúas dos máis golpeados pola crise do coronavirus, beneficiaranse do plan de apoio ao que dará luz verde o Consello de Ministros este martes, con medidas como a rebaixa do prezo do alugueiro aos locais de grandes propietarios, aqueles que conten con máis de dez inmobles.