​O proxecto Sudoe ECOVAL de Viaqua promete cambiar para sempre o tratamento dos residuos orgánicos en Europa

O plan, que leva a cabo Cetaqua Galicia, o centro tecnolóxico asociado a Viaqua, está baseado nun innovador modelo circular para a xestión de residuos orgánicos.


|

O plan, que leva a cabo Cetaqua Galicia, o centro tecnolóxico asociado a Viaqua, está baseado nun innovador modelo circular para a xestión de residuos orgánicos.


Desta forma, desde Viaqua expoñen unha solución para a xestión de residuos urbanos que pretender minimizar o depósito en entulleiras e implementar a reciclaxe.


Piloto AGV S



“O principal obxectivo é a obtención de produtos de alto valor engadido ricos en carbono orgánico, como son os ácidos graxos volátiles, a partir da valorización dos residuos orgánicos xerados en contornas urbanas”, sinalan desde Viaqua. Así, coa conversión dos refugallos en recursos demandados, conséguese ademais protexer de forma directa o medioambiente.


Na iniciativa ‘Estratexias de coordinación de xestión e valorización de lodos e residuos orgánicos na rexión SUDOE (España, Portugal e os distritos franceses transpirenaicos’, encabezada por Cetaqua e que programa estenderse ata 2023 grazas ao financiamento dos fondos FEDER, sumouse recentemente o Grupo Vegalsa-Eroski, que encaixa o proxecto dentro da súa política de ‘Residuo Cero’.


“Unha alimentación sen desperdicio é o compromiso que Vegalsa-Eroski adquiriu hai xa varios anos motivando a posta en marcha do seu programa ‘Desperdicio Cero’ que lles permitiu evitar o desperdicio de 10.917 toneladas de alimentos, unha cifra que se viu incrementada nun 26% no últimos tres anos”, agregan desde a compañía.


Ademais de Vegalsa-Eroski, participan no proxecto a USC, a Fundación Empresa-Universidade Gallega, organizacións de Francia e Portugal e preto dunha trintena de entidades rexionais. Ourense e Palencia serán os puntos onde se poñerán en marcha estas demostracións do modelo de “biofactoría” para “transformar as plantas depuradoras en instalacións xeradoras de recursos”, algo que podería exportarse a todo o continente.



“Este proxecto focalizarase en valorizar fundamentalmente dous tipos de correntes residuais: os lodos de depuradora urbana e a fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos (FORSU), ambos cun elevado contido en carbono orgánico. Así, traballará para optimizar e crear sinerxias entre o ciclo urbano da auga e o dos residuos”, comentan desde Viaqua, á vez que poñen e valor que isto permite “xerar unha nova cadea de valor que á súa vez minimice os problemas de cheiro e os custos asociados á súa recollida e xestión”.


“O impacto no medioambiente deste proxecto será notable posto que, só na área que abarca o proxecto, xéranse 136 kg de residuos orgánicos per cápita anuais podendo así seguir novas vías alternativas de tratamento para que estes residuos sexan empregados como recursos”, conclúen os promotores do proxecto.  



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE