SATSE acusa ao SERGAS de incumprir o acordo sobre redución de xornada para as enfermeiras da PAC
O sindicato sinala á Xunta por l "non cumprir o acordo alcanzado en 2023 sobre a redución da xornada laboral".
O Sindicato de Enfermaría SATSE denunciou que o Sergas "está a prexudicar" ás enfermeiras que traballan nos Puntos de Atención Continuada (#PAC) ao "non cumprir o acordo alcanzado en 2023 sobre a redución da xornada laboral".
SATSE subliña que "a ineficiente xestión" da actual Dirección de Recursos Humanos do Sergas "está a provocar que centos de enfermeiras dos Puntos de Atención Continuada carezan de calendario de traballo adaptado á xornada establecida para 2026".
Por iso, a organización sindical ha solicitado a convocatoria, con carácter de urxencia, da mesa de negociación do acordo de condicións de traballo e retributivas do persoal da PAC.
SATSE lembra que, xunto co resto das organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial alcanzaron, en 2023, un acordo coa Dirección de Recursos Humanos e o anterior conselleiro de Sanidade, sobre a xornada de traballo no período 2023-2025 que posibilitaba, ademais doutras cuestións de carácter retributivo, a redución da xornada anual de todos os traballadores chegando ás 35 horas semanais.
O sindicato lembra que, durante os anos 2023 e 2024, período de transición da medida, realizouse a diminución paulatina acordada da xornada anual. Con todo, agrega, "agora resulta necesario un traballo máis pormenorizado e unha reestruturación dos actuais horarios dos servizos de Atención Primaria e aínda non se produciu ningunha modificación neste sentido".
O o comunicado incide en que esta situación provoca que os calendarios anuais que deben presentar aos traballadores dos Puntos de Atención Continuada e aos seus representantes "estean sen realizar, o que claramente prexudica as condicións de traballo destes profesionais".
Doutra banda, denuncia "a falta de compromiso do Sergas na aplicación das súas propias instrucións, tamén neste caso derivadas do acordo de redución de xornada", ao "aplicar selectivamente as mesmas e excluír da aplicación ao cómputo de xornada aos profesionais de AP e AE con quendas fixas diúrnos, aos que deberían compensar con días libres (segundo a súa propia instrución) pola coincidencia de festivos en sábado".
Escribe o teu comentario