O vicepresidente lembrou que a Deputación de Lugo ordenou a Suplusa, a través de 3 requirimentos, a entrega das chaves da residencia da Fonsagrada
O BNG denuncia a "marbellización" desta sociedade provincial e esixe a súa disolución
A Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as catro deputacións galegas seguen traballando na definición do novo modelo dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES).
Ciudadanos desmentiu que mantivese "contacto algún" co alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, e deixou claro que "comportamentos como o seu nunca terían cabida nun partido" como a súa formación.
Manuel Martínez segue poñendo en xaque á Deputación de Lugo e ao seu ex-partido. Hoxe confirma que se presentará como independente ás próximas locais. Antes foi expulsado e, posteriormente, desaloxado do salón de plenos da Deputación de Lugo tras un novo enfrontamento co presidente da institución, o socialista Darío Campos.
Nesta entrevista o presidente da Deputación de Lugo denuncia que a “a Xunta puxo todo tipo trabas para abrir as residencias” de maiores. É un exemplo do boicot que Darío Campos cre que hai do Goberno Galego cara a provincia. As residencias son tamén o casus belli de Manuel Martínez para volver a provocar unha crise no Executivo Provincial. O alcalde de A Pontenova di sospeitar dun acordo co PP. O futuro do Breogán e a sentencia da manada son outros dos temas desta conversa mantida o pasado xoves no Pazo Provincial.
Dimitiu despois de ser cesado como vicepresidente provincial por votar co PP para devolver á sociedade do solo (Suplusa) a xestión das residencias de maiores que programa a Deputación de Lugo.
Aguantará o goberno da Provincia de Lugo ata o final da lexislatura? A estas alturas ninguén o pode asegurar. O díscolo Manuel Martínez acurrala ao bipartito de PSOE e BNG. Di que non se marchará ao PP, senón que montará o seu propio partido para repetir como alcalde de Becerreá. Acábano cesar como vicepresidente da Diuptación e dá por feito que o expulsarán do PSdeG, pero parece que lle dá igual. Ao fin e ao cabo, xa o botaron unha vez e tiveron que readmitilo para poder formar goberno.
A Deputación de Lugo aprobará unha petición ao Goberno para que lance un plan de apoio económico ao deporte base. Segundo presentou hoxe o deputado Pablo Rivera, necesítase tamén unha regulación laboral máis flexible para os colaboradores de clubs e entidades sen ánimo de lucro.
A Deputación de Lugo recomenda circular con precaución e reducir ao mínimo os desprazamentos, ao prever "que neve con intensidade".
A neve, aínda que non superou os dez centímetros de altura, obrigou a realizar traballos de acondicionamento de estradas de once municipios.
A instalación, financiada pola Deputación de Lugo, está dirixida a comercializar os produtos de caza.
O presidente da Federación Galega do Comercio asume que "a xente aproveita estas rebaixas para anticipar as compras".
Dedicarase a "actividades de investigación e formación continua". A Deputación de Lugo e a USC colaboran no seu desenvolvemento.
O ente provincial destina 500.000 euros ao arranxo de dous campos.
Álvaro Santos sinala que as cláusulas están relacionadas coas reclamacións de preferentes ou a presenza de oficinas na provincia.
"Hai que deixar que os militantes elixan a persoa adecuada", sostén o presidente da Deputación de Lugo.
Mentres Darío Campos está de vacacións, o alcalde de Becerreá, polémico polas súas posturas rebeldes no ente provincial, asumirá as súas funcións.
Contará con 96 prazas de residencia e 40 para o centro de día, unha demanda histórica dos veciños desatendida pola Xunta.