​Nove quitaneves despexan as carretaras da Montaña luguesa

|

Quitaneves lugo diputacionA Deputación enviou máquinas e operarios a despexar a neve.


A neve caída durante este sábado obrigou a realizar tarefas de acondicionamento de estradas en 11 municipios de montaña da provincia de Lugo, segundo informou a Deputación, que destinou a estas tarefas a un total de 16 operarios.


Aínda que a acumulación de neve non superou os 10 centímetros, a estes traballos destináronse 16 operarios e 9 máquinas --6 quitaneves e 3 todoterreos con cuña--, co obxectivo de garantir a circulación e a seguridade en vías provinciais e municipais.


As estradas máis afectadas pola neve e nas que actuou o dispositivo invernal da Deputación estiveron na zona de montaña, nos municipios de Folgoso do Courel, Cervantes, Fonsagrada, O Incio, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribeira de Piquín, Samos, Triacastela e Navia de Suarna.


A DXT non recolle ningunha restrición do tráfico en ningunha das vías que pasan por estes municipios nin no resto de Galicia.


relacionada ​As estradas galegas líbranse da nevada que afecta ao noroeste
relacionada A neve volve dificultar a circulación na A-52 e Pedrafita
relacionada As restricións de tráfico pola neve concéntranse na provincia de Lugo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress