​As estradas galegas líbranse da nevada que afecta ao noroeste

Só dous tramos ven condicionada a circulación pola neve, en Pedrafita e Carballeda.


|

Neve estrada camións


O temporal de neve que afecta ao noroeste peninsular e outros puntos de España non está a provocar restricións de tráfico nas estradas galegas, como si ocorre fóra dos límites da comunidade.


Só na estrada LU-633 á altura de Pedrafita do Cebreriro, a DGT mantén unha advertencia para circular con precaución nun tramo de seis quilómetros. A mesma situación vive a OU-122, á altura de Carballeda, esta en un tramo de cinco quilómetros.


Con todo, nesta mesma vía, pero xusto alén da fronteira, xa na provincia de León, a DGT decretou o corte de circulación. A nevada obrigou a cortar o paso no porto de montaña de Fonte da Cova en ambos os sentidos.


Neve estradas 260118

Estradas afectadas este venres pola mañá.

MÁIS DE 100 ESTRADAS AFECTADAS


O temporal afectou a un total de 102 estradas en todo o país, das cales 8 atópanse pechadas e en 58 é obrigatorio o uso de cadeas ou pneumáticos de inverno, segundo a Dirección Xeral de Tráfico.


As rexións máis afectadas son Asturias, Aragón e Castela e León. Entre outras vías, a neve obrigou a pechar o porto de Fonte da Cova (LLE-126) na provincia de León; en Salamanca, a DSA-180 e DSA-191; en Navarra, a NA-2011 e a NA-2012; e en Cantabria, o Porto de Lunada (CA-643). En Barcelona interrompeuse a cirvulación pola BV.5301, en Granada cortouse a A-395 (Sierra Nevada) e a A-4025 (Monachil).


A DXT pediu ademais precaución para circular polas estradas da Serra de Madrid, a pesar de que levantou as restricións ao tráfico aplicadas durante a madrugada na M-601, no Porto de Navacerrada.


FROTA AMARRADA


A alerta laranxa por ondas en todo o litoral galego mantén amarrada a porto a parte da frota, sobre todo na provincia da Coruña, segundo confirmaron a Europa Press fontes de distintas confrarías.


En concreto, na Coruña, non saíron a faenar os barcos de Cariño, Malpica ou Camariñas, mentres que permanece amarrada parte da frota de Corcubión.


En Cedeira, pola súa banda, faenan os buques máis grandes e en Fisterra saíron unicamente aqueles que traballan próximos á costa. Outras confrarías, como Rianxo ou Ribeira, non rexistran problemas.


Do mesmo xeito, a situación é máis favorable no litoral das provincias de Pontevedra e Lugo, onde a maior parte das confrarías, como as de Cambados, Cangas, O Grove, Burela ou Celeiro, saíron a faenar.


relacionada A neve provoca restricións de tráfico en varias estradas das provincias de Lugo e Ourense
relacionada A neve volve dificultar a circulación na A-52 e Pedrafita

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE