Darío Campos manterá unha postura "neutral" nas primarias do PSdeG

"Hai que deixar que os militantes elixan a persoa adecuada", sostén o presidente da Deputación de Lugo.


|

Dariocampos


O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, asegurou que manterá unha postura "neutral" no proceso de primarias do PSdeG, xa que entende que é "o momento dos militantes" e porque preside o Comité de Ética dos socialistas galegos.


"É o momento dos militantes, teñen que elixir o seu secretario xeral para o próximos catro anos e son o presidente do Comité de Ética e teño unha incompatibilidade para apoiar un candidato publicamente", expresou este luns o dirixente lucense.


Así, Darío Campos incidiu en que non se decantará publicamente por ningún dos tres candidato e que, quen saia vencedor, contará co seu apoio: "O que gañe vai ser o meu secretario xeral", remarcou.


"Hai que deixar que os militantes elixan a persoa adecuada, que teña o mellor proxecto para os próximos anos para facer fronte ás políticas de recortes e austeridade que leva a cabo o PP", expresou.


Así as cousas, emprazou a que, unha vez que o socialismo galego elixa o seu novo líder, "todos" remen "na mesma dirección" para poder "combater as políticas que leva a cabo o Goberno da Xunta".


O ALCALDE DE PEDRAFITA, CON CABALLERO


Con todo, quen si se decantou por un dos candidatos foi o alcalde socialista máis votado da provincia de Lugo, o rexedor de Pedrafita do Cebreiro, José Luís Raposo.


"O meu candidato é Gonzalo Caballero. Apostou claramente por Pedro Sánchez e é unha persoa nova que encaixa con todos os perfís. Cando Pedro (Sánchez) apostou por volver presentarse mandou unha mensaxe moi clara: primarias e respecto á votación", concluíu Raposo.


relacionada González Formoso, contrario á fusión de candidaturas nas primarias
relacionada Manuel Martínez di que Besteiro "segue manexando" o PSdeG "na sombra"
relacionada Caballero, Leiceaga e Villoslada son oficialmente precandidatos ás primarias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE