​Acumulacións de ata 30 centímetros de neve en estradas de Lugo

|

Quitaneves lugoA rede secundaria de Lugo é a máis afectada. Foto: Deputación de Lugo

O temporal de neve que afecta o centro e o norte da Península está a provocar complicacións nalgunhas estradas galegas, sobre todo na provincia de Lugo.


Nas principais autoestradas e autovías non hai cortes de tráfico, pero si sufriron de madrugada algunhas restricións de circulación camións que transitaban pola A-6 e a A-8. Precisamente, os vehículos pesados ten prohibido o paso na LU-633 en Pedrafita do Cebreiro.


Así mesmo, a A-6 presenta problemas á circulación ante a acumulación de neve, en concreto, entre os quilómetros 474 e 463, no Corgo. Nesa mesma autovía tamén existe un aviso amarelo en Vega de Valcarce, xa na provincia de León aínda que a poucos quilómetros da Comunidade galega.


A Autoestrada do Cantábrico (A-8) ten outro aviso polas malas condicións do firme provocadas polas nevadas. A DXT recomenda extremar as precaucións entre os quilómetros 544 e 557, en Monforte.


NEVE E XEO


As principais afectadas foron as estradas que percorren as zonas de alta montaña na provincia, onde se produciron numerosos cortes de circulación pola presenza de neve e xeo, segundo informou o vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez.


A rede secundaria da provincia de Lugo é a máis afectada pola neve, onde a Deputación provincial mantén mobilizados a 40 operarios 14 máquinas quitaneves e 8 pick-up na Montaña e no sur.


Son 15 concellos os que acumulan as dificultades para circular polas súas estradas, onde se chegaron a acumular entre 15 e 30 centímetros de neve, tal e como informa a Deputación.


O ente provincial recomenda circular con precaución e reducir ao mínimo os desprazamentos, ao prever "que neve con intensidade". En canto á nevada, Meteogalicia prevé manter desactivada esta tarde a alerta amarela que ata o mediodía afectou a zonas de montaña de Lugo e Ourense.


AUTOESTRADAS CORTADAS


No resto da Península, as autoestrada AP-6, AP-61 e AP-51 e a A-1 quedaron reabertas ao tráfico nas últimas horas, despois dos problemas e cortes puntuais rexistrados durante a madrugada a consecuencia da neve e o xeo, segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) a través de Twitter. Continúan, con todo, pechadas á circulación 23 estradas e 11 portos de montaña da rede secundaria e outros 50 con cadeas.


relacionada ​A alerta por neve chega a Lugo e Ourense e obriga a pechar unha estrada secundaria
relacionada ​Nove quitaneves despexan as carretaras da Montaña luguesa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress