O alcalde do PSOE readmitido crea outra crise de goberno na Deputación

Aguantará o goberno da Provincia de Lugo ata o final da lexislatura? A estas alturas ninguén o pode asegurar. O díscolo Manuel Martínez acurrala ao bipartito de PSOE e BNG. Di que non se marchará ao PP, senón que montará o seu propio partido para repetir como alcalde de Becerreá. Acábano cesar como vicepresidente da Diuptación e dá por feito que o expulsarán do PSdeG, pero parece que lle dá igual. Ao fin e ao cabo, xa o botaron unha vez e tiveron que readmitilo para poder formar goberno.

|

Manuel Martínez vota co PP na Deputación de Lugo

Manuel Martínez vota co PP

A crise do goberno provincial precipitouse este martes, tras votar Martínez outra vez co PP, nesta ocasión para devolver as competencias sobre a apertura de residencias para a terceira idade á sociedade de chan Suplusa, que preside el mesmo.

Martínez, que tamén é alcalde de Becerreá, foi apartado da vicepresidencia, da área de xestión territorial que leva vías e obras e á súa vez sae da comisión de goberno. Todas estas áreas asúmeas Argelio Fernández.

Este é o principal cambio no goberno provincial, ao que se incorpora Pilar García Porto, que asume tamén unha subdelegación de cultura na Deputación de Lugo.

Pola súa banda, esta tarde tamén está prevista unha reunión da executiva provincial do PSOE para abordar o ocorrido no pleno da Deputación de Lugo e a situación de Martínez nas filas socialistas.

O alcalde de Becerreá xa asumiu que será expulsado do partido, polo que xa avanzou que descarta recorrer o expediente de expulsión, como si fixo fai tres anos. Ademais, xa avanzou que se volverá a presentar á Alcaldía de Becerreá e que podería facelo a través dunha lista "independente".

Manuelmartinezbecerrea

relacionada Máxima tensión no grupo socialista que deixa no aire o Goberno da Deputación de Lugo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE