Abre na Fonsagrada o primeiro gran centro de despezamento de carne de caza

A instalación, financiada pola Deputación de Lugo, está dirixida a comercializar os produtos de caza.


|

Centro cinegetico fonsagrada caza

Imaxe da inauguración. Foto: Deputación de Lugo


O primeiro centro público galego de despezamento de carne cinexética foi inaugurado este sábado na Fonsagrada, tras un investimento da Deputación de Lugo de 650.000 euros.


Este centro prevé xerar beneficios anuais de 70.000 euros co despezamento semanal duns 65 animais e 1.820 exemplares transformados durante os sete meses existentes de caza.


Ademais, xerará catro empregos e contribuirá á promoción e venda de produtos autóctonos. Os fondos que obteña da compra de animais irán directamente a mellorar a actividade dos propios cazadores en actuacións no coto de rozas e aperturas de camiños.


A Deputación de Lugo financiou en solitario esta actuación con 300.000 euros para a construción do centro, situado nunha parcela de 800 metros cadrados nun terreo cedido polo Concello da Fonsagrada na Rúa Rodas, e outros 352.000 euros para equipamento.


Ao acto de inauguración acudiron o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; o alcalde da Fonsagrada e deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo; así como membros do coto de cazadores.


"Con este proxecto conxunto de Deputación e Concello buscamos impulsar a economía da provincia, contribuíndo á promoción e venda de produtos cinexéticos", destacou Darío Campos.


FUNCIONAMENTO


Esta instalación está dirixida á comercialización de produtos de caza duns 2.000 profesionais da ducia de cotos da zona. Tras capturar ao animal, o cazador diríxese ao centro para depositalo.


Alí rexístrase ao cazador que deixa o produto, así como o coto ao que pertence para que despois repercuta neste coto os beneficios. O proceso de despezamento dura uns catro días, onde os veterinarios fan todas as probas sanitarias precisas para garantir o consumo destes produtos.


O inmoble, de máis de 500 metros cadrados, divídese en dúas plantas cos medios necesarios para o despezamento de carne e o seu posterior tratamento, onde conta con cámaras de conxelación de 25 metros cadrados.


relacionada 98 menores de idade teñen licenza de caza en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE