98 menores de idade teñen licenza de caza en Galicia

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber reprochan que a Xunta "fomente" esta actividade "entre a mocidade e a nenez".


|

Cazador 1


A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber reprocharon á Xunta que "fomente" a caza "entre a mocidade e a nenez", á vez que desvelaron que "tan só" son 98 os menores de idade que posúen licenza para facelo en Galicia.


Nun comunicado remitido aos medios este sábado, con motivo do inicio da tempada de caza maior na comunidade, ambas as entidades censuraron os esforzos do Goberno galego para "aumentar este pésimo número" e puxeron como exemplo diso o financiamento achegado a distintas actividades.


En concreto, citaron un convenio de 25.000 euros asinado entre a Consellería de Medio Ambiente e a Federación Galega de Caza para impulsar a actividade cinexética entre menores de 30 anos, así como a colaboración coa xornada 'Xuventudes pola caza'.


Neste escenario, no que a lei de 2013 permite que mozos de 16 anos "poidan portar armas de fogo e formar parte das batidas sen niveis de protección adicionais", ambos os colectivos avanzaron iniciativas para cambiar a normativa.


Así, deron conta de que están a preparar unha petición para que se modifique a Lei de Caza e "converter a Galicia na primeira comunidade que veta os nenos cazadores", un obxectivo para o cal "son xa máis de 51.000" as persoas que asinaron a través de internet.


E é que, desde o seu punto de vista, o fomento dunha actividade "cruel, violenta e perigosa" entre menores é "unha auténtica barbaridade".


relacionada Un cazador de Piñor, detido por apuntar coa súa escopeta á Garda Civil
relacionada Investigan un cazador tras matar un lobo e seccionarlle a cabeza no Val do Dubra

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE