Investigan un cazador tras matar un lobo e seccionarlle a cabeza no Val do Dubra

O home, veciño de Trazo, non contaba cun permiso da Xunta polo que é investigado por un delito de caza non autorizada


|

Lobos


Efectivos do Seprona da localidade coruñesa de Corcubión procederon a investigar un veciño de Trazo (A Coruña) por un delito de caza non autorizada tras abater un lobo no municipio de Val do Dubra.


Así o informou o Instituto Armado, que concretou que os feitos foron postos en coñecemento da Garda Civil a través dun vídeo que os axentes ambientais de Vimianzo presentaron en dependencias oficiais.


As mesmas fontes relatan que nese vídeo obsérvase como un grupo de cazadores abateron un lobo no monte, pero descoñécese inicialmente a autoría e o lugar onde se efectuou a cacería.


Grazas á investigación practicada polo Seprona, segundo relatan as mesmas fontes, púidose identificar os individuos que saían nas gravacións. Así, tratábase de seis cazadores que participaban o pasado día 5 de febreiro nunha batida autorizada de raposo en Val do Dubra.


Ao autor do disparo mortal investígaselle por dar morte a un exemplar de lobo e procedeuse a denunciar de forma administrativa a un segundo cazador que efectuou un disparo sobre o animal.


SEN A CABEZA


Os axentes do Seprona localizaron no couto, ocultos tras unhas matogueiras, os restos do animal abatido sen a cabeza, "presupoñendo os investigadores que lla seccionaron co fin de desecala", segundo concreta a Benemérita.


As dilixencias practicadas foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 3 de Santiago de Compostela e á Xunta de Galicia en canto ás disposicións de carácter administrativo.


O Seprona lembra que o lobo é unha especie cinexética na Comunidade galega, polo que resulta "necesario obter unha autorización da Xunta para realizar batidas de lobo" e non existen actualmente "permisos para tal fin".

relacionada ADEGA denuncia indicios de "prevaricación administrativa" nas batidas do lobo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE